TORNEO FÚTBOL-PRAIA. 5ª XORNADA

XA TEMOS OS PRIMEIROS SEMIFINALISTAS EN INFANTÍS

De novo unha tarde calorosa e asollada recibía os equipos alevíns e infantís participantes nesta xornada de venres do Torneo Concello de Ares de fútbol praia. Puidemos gozar nesta xornada de 3 partidos:



Ares, 21 de xullo de 2012

LOS ESPAÑOLES, 6 - XUVENTUDE, 12 (ALEV)

LOS ESPAÑOLES: Martín, Álex Saavedra, Pablo, Adri, Antonio, Álex Feal, Javi e Tomás.
XUVENTUDE: Bruno Noya, Jesús, Borja, Julián, David, José Luís, Eduardo, Iago e Bruno.
Árbitro: Fran Bardanca.
Comezou a segunda volta da liguiña alevíns. Non hai sorpresas e neste partido o equipo do Xuventude venceu con comodidade a Los Españoles, un conxunto que mellora co paso dos partidos.

THE LIONS, 3 -FANTOCHES, 5 (INF)

THE LIONS: Luís, Carlos, Josete, Danichu, Pablo, Adri, David, Chicho e Nano.
FANTOCHES: Iago, Jaime, Rubén, Nacho, Marcos, Borja, Leo e Alberto.
Árbitro: Jorge
Pechábase o grupo A nesta categoría. No primeiro partido da última xornada Los Fantoches conseguían derrotar o equipo de The Lions. Foi un partido moi disputado no que o equipo dos Fantoches non puido vencer ata o último período. Con este resultado Los Fantoches clasifícase como 1º do grupo A e The Lions queda eliminado pese a facer un gran papel no Torneo.

COCA JUNIORS, 4 -  BLUE SENSE, 2


COCA JUNIORS: Adán, Migui, Note, César, Maceira, Coque e Aitor.
BLUE SENSE: Álex, Dani, Álvaro, Carlos,  Sergio e Antonio

Partido dominado por Coca Juniors que con esta vitoria conseguía clasificarse como 2º do grupo A. Pola súa banda Blue Sense quedaba eliminado tras esta derrota. Un equipo, Blue Sense composto por xogadores sen gran experiencia no fútbol pero que loitaron por cada balón ata o último segundo do Torneo.
Rematada a xornada de venres, temos polo tanto os primeiros semifinalistas en infantís. O 1ª clasificado do grupo A, LOS FANTOCHES, agarda rival para a primeira semifinal (martes ás 19:00) Tamén o 2ª clasificado do grupo A COCA JUNIORS agarda rival para a segunda semifinal (martes ás 19:45) Estes rivais sairán da xornada de hoxe luns que pasamos a detallar:

18:30 BANKIA - XUVENTUDE (ALEV)
19:15 NARANJA MECÁNICA - MANIÑOS
20:00 UNA BANDA - BANKIA
Abrirase a xornada cun bo partido de alevíns. Enfróntase na segunda volta da liguiña os dous dominadores da mesma, Bankia e Xuventude; previsiblemente unha final anticipada.

En infantís, péchase o grupo B. Tres equipos loitarán por dúas prazas nas semifinais, Bankia, Naranja Mecánica e Una Banda.

Como vedes, interesante xornada de luns para pechar a primeira fase do Torneo de Fútbol Praia Concello de Ares alevín e infantil.

Agardámosvos a todos nesta última semana de fútbol praia en Ares. ¡¡¡Paga a pena¡¡¡



Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.