TROFEO REGULARIDADE BODEGAS & VINOS ARES (San Mateo - Numancia)
VICENTE ALLEGUE, O MELLOR EN TRASANCOS
Volveu o noso equipo a senda das vitorias no campo de Trasancos en San Mateo. Partido práctico e serio do Numancia no complicado campo narónes. En xeral, foron boas as puntuacións dos nosos, destacando por enriba do resto, Vicente Allegue. O espigado e veterán defensa numantino, e un seguro no xogo aéreo e tamén cando os paridos vólvense ásperos. Coa sua veteranía e saber estar, axuda ao equipo sempre que pode estar a un bo nivel; algo que lle agradecemos enormemente sabendo que a pesar das suas esixentes xornadas laborais, acude sempre que pode aos adestramentos sendo xa un dos xogadores veteráns do primeiro equipo.
PUNTUACIÓNS SAN MATEO - NUMANCIA
VICENTE - 4
IVÁN PIVO - 3,5
MARCELO - 3,5
ESPIÑEIRA - 3,5
MARTÍN - 3,5
KIKE 3
ANTÓN - 3
AMENEDO - 3
ÓSCAR - 3
TETI - 3
ELÍAS - 3
JOAQUÍN - 3
FERRO - 3
ÁNGEL - 3
Nos seguintes dous partidos do mes de Febreiro, ante o UD Cebarca (domingo ás 16:30) e San Sadurniño CF (domingo 17), ambos en Prados Vellos, coñeceremos o gañador do premio BODEGAS & VINOS ARES do mes de Febreiro.
AUPA NUMANCIA