TROFEO REGULARIDADE BODEGAS&VINOS ARES (G. Mugardos B - Numancia)
CARLOS VÁZQUEZ, O MELLOR XOGADOR DO MES DE SETEMBRO
Os moitos aficionados numantinos presentes o pasado sábado en A Pedreira para ver o derbi entre Mugardos "B" e Numancia, poideron presenciar a vitoria dos nosos e o último partido puntuable para o premio da regularidade do mes de Setembro. Neste partido, Berto Permuy, Marcelo, Elías, Dani Espiñeira e Carlos Vázquez foron os mais destacados; facéndose este último co galardón do mes de Setembro. Elena Fuentes (Presidenta), Gelvi Fernández (Vicepresidenta) e Fran Bardanca (Directivo) valoraron de maneira moi positiva a actuacións dos xogadores no derbi. Estas foron as valoracións:
CARLOS VÁZQUEZ - 4,33
ELÍAS - 4,33
BERTO - 4,33
MARCELO - 4,33
ESPIÑEIRA - 4,33
CHAPU - 4
IVÁN PIVO - 4
JUAN - 4
KIKE - 4
ANTÓN - 4
AMENEDO - 3,66
RUBÉN - 3,66
JULIO - 3,66
ÓSCAR - 3,66
ALEX PITA - 3,66
Desta maneira, despois dos partidos xogados no mes de Setembro ante o X. Cabañas, CD Rosalía, Meirás CF, Mandiá CF e Galicia de Mugardos "B, a clasificación mensual queda da seguinte maneira.
CLASIFICACIÓN MES DE SETEMBRO:
CARLOS VÁZQUEZ - 19,66
IVÁN PIVO - 17, 66
ESPIÑEIRA - 16,32
JULIO - 15,59
AMENEDO - 15,31
BERTO - 14,98
KIKE - 14
ELÍAS E MARCELO - 13,32
CHAPU - 12,35
ÓSCAR E RUBÉN - 12,32
VICENTE - 10,32
JUAN - 9,66
ANTÓN - 9,65
FRAN RIPAS - 9,33
MARTÍN E PABLO FERRO - 9,32
ARNOSO - 6,99
PITA - 5,99
JOAQUÍN 2,66
Foron 21 os xogadores utilizados ata o momento por Miguel Carballeira e Jose Antón, polo tanto a totalidade do plantel gozou de minutos e protagonismo durante o mes de setembro. Esta fin de semana ao Numacia correspóndelle xornada de descanso, polo que será o próximo domingo 14 de Outubro, antes do partido entre o Numancia e o SD Valdoviño en Prados Vellos, cando o representante de Bodegas&Vinos Ares faga entrega a Carlos Vázquez do obsequio por ser o xogador mais regular do mes de Setembro. ¡¡¡Noraboa Carlos¡¡¡
AUPA NUMANCIA