TROFEO Á REGULARIDADE "BODEGAS E VIÑOS ARES. COPA. MANDIÁ 2- NUMANCIA, 2
ELÍAS, O MÁIS VALORADO EN BOAVISTA.
Decisiva reaparición de Vicente contra o Mandiá, conseguindo o tanto do empate. Nos penaltis, o Numancia conseguiu a clasificación conseguindo un 4 - 5.
Ares, 28 de maio de 2018.
“A can fraco todo son pulgas”. Os refráns agochan unha profunda sabedoría. A convocatoria para Boavista ía moi xustiña: 15 xogadores en total, dos cales un levaba medio ano sen xogar e dous eran xuvenís. E antes do inicio do partido, Fran sofre unha recaída e non pode comezar; aos 15 m., Alberto ten unha torcedura co conseguinte cambio obrigado. Estes foron as circunstancias coas que chegamos a esta eliminatoria de oitavos de final.
E aínda que soe a escusa, o campo de Boavista resultoulle estraño aos nosos xogadores, cun céspede alto e unha superficie un tanto irregular. Tamén é certo que o Mandiá sorprendeu aos aresáns cun fútbol combinativo que nos superou claramente na primeira parte, chegando ao descanso con 1 – 0. Na segunda parte os locais acusaron o esforzo e permitiu que o Numancia crease máis ocasións e puidese empatar Vicente tras saque de córner.
Nos penaltis, a parada de Carlos Arnoso e o acerto dos nosos lanzadores levaron a clasificación para Ares, cun 4- 5 final.
Para o partido do domingo, 3 de xuño, ás 18.30 h. en Prados Vellos, o Numancia deberá recuperar xogadores e forzas se quere derrotar ao Eume e clasificarse para as semifinais de Copa.
Toni (presidente), José Antón (adestrador) e Martín (lesionado) deron estas valoracións á Regularidade do trofeo “Bodegas e Viños Ares”:
ELÍAS 11,5
JULIO 10,5
VICENTE 10,25
Iván Drago 10,25
EMI 10
TETI 9,75
CHAPU 9,5
AMENEDO 9,25
ARNOSO 9
ÓSCAR 9
Pablo Ferro 8,75
ESPIÑEIRA 8,5
ALBERTO 8
JUAN 7
O próximo domingo, día das Alfombras Florais en Ares, Teti recibirá o trofeo do mes de maio, premiando a súa regularidade neste tramo final da temporada. Álex Pérez, representante de “Bodegas e Viños Ares”, realizará a entrega. Esta é a clasificación do mes:
TETI 44,25
Iván Drago 42
JULIO 40,5
ALBERTO 39
ESPIÑEIRA 39
AMENEDO 36,75
ARNOSO 36,5
EMI 36,25
CHAPU 35,25
ÓSCAR 33,75
JUAN 31,25
FRAN 30,75
CARLOS V. 29,5
ELÍAS 29,5
PITA 26,5
VICENTE 10,25
Pablo Ferro 8,75