TROFEO Á REGULARIDADE "BODEGAS E VIÑOS ARES. 21ª X. NUMANCIA, 1 - NEDA, 0
CARLOS ARNOSO, XOGADOR DO PARTIDO E DO MES
Sigue en boa liña o gardameta aresán.
Ares, 29 de abril de 2018.
Partido disputado o domingo en Prados Vellos no que o Neda e o Numancia só tiñan en xogo a quinta posición na táboa clasificatoria. Nos prolegómenos do partido, Iván recolleu o premio ao mellor xogador do mes de marzo, doado por “Bodegas e Viños Ares”. A entrega efectuouno Álex Pérez.
Polo que respecta ao visto no céspede artificial de Prados Vellos, hai que indicar que houbo alternativas no dominio e tamén nas ocasións de gol. Os dous equipos puideron adiantarse no marcador pero houbo que esperar ao último minuto para que, como non, aparecese Chapugol e sentenciase o partido. Unha vez máis, non perdoou e finalizou con excelente definición unha boa xogada dos locais.
As puntuacións para o trofeo á Regularidade, patrocinado por “Bodegas e Viños Ares”, foron realizadas por José Antón (adestrador), Jorge Martínez (monitor) e máis o directivo Xoán Vázquez:
ARNOSO 12
CHAPU 10
ÓSCAR 10
PITA 10
TETI 10
ALBERTO 9
CARLOS V. 9
JULIO 8
AMENEDO 7
ELÍAS 7
EMI 7
ESPIÑEIRA 7
FRAN 7
JUAN 7
Finalizado este mes de abril, observamos como Carlos Arnoso segue sumando puntos e consegue merecidamente o premio á Regularidade. Esperemos que poida recoller o premio no partido da segunda eliminatoria de Copa, o que significaría que o Numancia eliminase ao Moeche :
ARNOSO 62
PITA 56
ELÍAS 54
JULIO 50
ESPIÑEIRA 48
FRAN 48
CARLOS V. 44
MARTÍN 44
AMENEDO 42
EMI 42
ÓSCAR 42
TETI 40
CHAPU 34
ALBERTO 30
JUAN 24
IVÁN 18
Iván Drago 14
Pablo Ferro 14
E cando só falta unha xornada de Liga, parece que Álex Pita vai ser quen consiga o premio á Regularidade da temporada 2017/18:
PITA 249
ARNOSO 238
MARTÍN 234,5
JULIO 231
ELÍAS 230
ESPIÑEIRA 224
EMI 220,5
FRAN 197
CHAPU 195
ALBERTO 192
AMENEDO 179,5
IVÁN 166,5
ÓSCAR 162
CARLOS V. 160
JUAN 158
TETI 122,5
JOAQUÍN 101
ESTEBAN 93
ÁNGEL 84,5
VICENTE 53
Iván Drago 44
Pablo Ferro 34
KIKE 28
CRISTIAN 17
CAVEZZA 16
Fran Anido 12
Vascós 7