TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES, 2017/18. 15ª X.: NUMANCIA, 4 - CARANZA, 2
CONTINUAMOS NA ONDA DAS VITORIAS.
Esta tarde entraron os goles e Teti liderou unha defensa numantina.
Ares, 11 de marzo de 2018.
O tempo deu unha tregua e permitiu xogar sen maiores problemas nun Prados Vellos que acolleu coma todas as tardes esa lexión de siareir@s fieis aos que non asustou o vento. Nos prolegómenos do partido, Álex Pérez entregoulle a Chapu o premio correspondente ao xogador máis regular do mes de febreiro.
Así como hai partidos nos que o balón non quere entrar (sen ir máis lonxe lembremos hai sete días o partido co Cebarca), hoxe o Numancia aproveitou nunha alta porcentaxe as súas ocasións, mesmo o primeiro gol foi marcado en propia meta por un xogador do Caranza. Ao descanso do partido chegouse coa vitoria local por 2 – 1, resultado que premiaba o acerto na área do goleador Chapu. Tamén houbo que lamentar a lesión de Alberto Permuy quen nos volveu dar un segundo susto nesta temporada, aínda que, felizmente, e despois de acudir ao hospital, estivo de volta no final do partido e puido celebrar cos seus compañeiros a vitoria.
E aínda que o resultado final pareza apuntar a unha clara superioridade do Numancia, o xogo visto no céspede non responde totalmente con ese marcador. Si é certo que co 4 – 1 favorable, grazas aos goles de Ángel e de Iván conseguidos nos dez primeiros minutos da segunda parte, os locais estiveron máis por defender o resultado que por controlar o balón, e de aí, certos momentos de asfixia na área na que case sempre apareceu Teti para resolver os ataques dos ferroláns.
En conclusión, o Numancia suma outros tres puntos que o levan á quinta posición na táboa, situándose na zona media alta, aínda que lonxe do Maniños e do Narón, os dous primeiros clasificados que, definitivamente, parecen reservarse unha loita ata o último partido por ver quen se proclama campión.
Na vindeira xornada preséntase en Perlío a oportunidade de, en caso de vitoria, acercarse á cuarta posición.
En canto á puntuación para o trofeo á Regularidade “Bodegas e Viños Ares”, hoxe participaron coa súas valoracións, Elena (presidenta oficiosa do grupo de mulleres numantinas), Álex Pérez (representante de Bodegas e Viños Ares), Miguel Carballeira (adestrador) e Cartelle (directivo). Estas foron as súas notas:
TETI 11
ARNOSO 10
EMI 10
IVÁN 10
JULIO 10
CHAPU 9
ELÍAS 9
ESPIÑEIRA 9
ALBERTO 8
AMENEDO 8
ÁNGEL 8
CARLOS V. 8
MARTÍN 8
Pablo Ferro 7
JUAN 5
Con este segundo partido do mes de marzo, a clasificación mensual queda liderada por Teti, seguido moi de preto por varios compañeiros:
TETI 21
ARNOSO 20
JULIO 19
MARTÍN 19
IVÁN 18
EMI 17
ALBERTO 16
ELÍAS 16
ÁNGEL 15
CHAPU 15
AMENEDO 14
CARLOS V. 14
ESPIÑEIRA 13
JUAN 10
PITA 9
JOAQUÍN 8
Pablo Ferro 7