TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES, 2017/18. 8ª X.
FRAN E PITA LIDERARON AO NUMANCIA
Así o viron os tres socios que esta tarde xulgaron aos numantinos. Celso, Aquilino e Manolo disfrutaron dunha tarde tranquila en Prados Vellos aínda que “quente” no clima e con cinzas caendo do ceo.
Ares, 14 de outubro de 2017.
Múltiples ocasións de gol desde o primeiro minuto do partido que non subiron ao marcador, algunhas con remates errados e outras sacadas na liña de gol ou repelidas polos paus, deixaron un resultado final de tres goles a cero. En definitiva, xornada plácida para o Numancia que se ve con tres puntos máis e coa clasificación xa conseguida.
No descanso do partido sorteouse un xamón de “pata negra” e a rifa premiada tíñaa un tal Esteban que aproveitou o descanso obrigado para facerse cun produto alimenticio, realmente idóneo para recuperar forzas. Parabéns, Esteban!
En canto ás valoracións dos xogadores, esta tarde tocoulles aos socios Celso, Aquilino e Manolo. E temos que recoñecer que foron excepcionalmente benévolos, outorgando unhas puntuacións altísimas.
As notas dadas por eles foron estas:
XOGADOR
FRAN 15
PITA 15
ALBERTO 14
ÁNGEL 13
JUAN 13
ÓSCAR 13
AMENEDO 12
JULIO 12
MARTÍN 12
ESPIÑEIRA 11
IVÁN 11
ARNOSO 10
ELÍAS 10
EMI 10
JOAQUÍN 10
A clasificación do Trofeo á Regularidade de Bodegas e Vinos Ares deste mes de outubro, despois de catro xornadas, segue liderada por Pita, seguido do seu curmán Fran :
PITA 50
FRAN 41
ALBERTO 38
JULIO 37
MARTÍN 37
JUAN 35
ÁNGEL 34
ESPIÑEIRA 34
IVÁN 31
ÓSCAR 30
AMENEDO 24
ARNOSO 24
CARLOS 24
ESTEBAN 22
ELÍAS 21
VICENTE 20
JOAQUÍN 17
CRISTIAN 11
EMI 10