TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES, 2017/18. 7ª X.
IVÁN E PITA, OS ÚNICOS “APROBADOS” NO POTE
Tres directivos do Numancia cualificaron a actuación dos seus xogadores no partido de Maniños.
Ares, 14 de outubro de 2017.
Non foi un gran partido, mesmo podemos afirmar que non respondeu ás expectativas creadas antes do comezo do choque, sobre todo se consideramos a súa condición de invictos antes desta xornada. Así é que as puntuacións dadas por Toni, Pepe e Lucho son máis ben baixas, en consonancia co visto no céspede.
Para o Numancia esta derrota non ten repercusión no seu obxectivo principal nesta primeira fase da Liga, pois practicamente ten conseguida a clasificación para o primeiro grupo da segunda fase, pero si hai que valorar negativamente as dúas lesións que traemos do Pote: Carlos tivo que ser substituído aos trinta minutos despois de sufrir unha dura entrada, con forte patada no seu nocello dereito (posiblemente estea fóra dos campos de fútbol un mes) e Esteban, que substituíra precisamente a Carlos, tamén tivo que retirarse ao notar unha picada muscular. Os dous serán baixa para os próximos partidos.
As notas dadas polos tres directivos suman os seguintes números:
XOGADOR
IVÁN 9
PITA 9
FRAN 8
JULIO 8
ALBERTO 7
MARTÍN 7
ÓSCAR 7
ARNOSO 6
ESPIÑEIRA 6
JUAN 6
AMENEDO 5
CARLOS 5
ESTEBAN 4
A clasificación do Trofeo á Regularidade de Bodegas e Vinos Ares deste mes de outubro, despois destas tres xornadas, segue liderada por Pita, que xa marca unha distancia importante cos seus seguidores:
PITA 35
FRAN 26
JULIO 25
MARTÍN 25
ALBERTO 24
CARLOS VÁZ. 24
ESPIÑEIRA 23
ESTEBAN 22
JUAN 22
ÁNGEL 21
IVÁN 20
VICENTE 20
ÓSCAR 17
ARNOSO 14
AMENEDO 12
CRISTIAN 11
ELÍAS 11
JOAQUÍN 7
EMI 0