TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES, 2017/18. 6ª X.
REPITE PITA COMA O XOGADOR MÁIS DESTACADO DO PARTIDO
Toni González, Paulo e Chapu puntuaron esta tarde en Prados Vellos aos xogadores locais. O premio foi para Pilar Fernández.
Ares, 9 de outubro de 2017.
O sorteo do premio das rifas, dúas botellas de viño de Bodegas e Vinos Ares, realizado no descanso, xa foi premonitorio, deixando claro que hoxe era o día de graza da familia Pita, pois a papeleta afortunada resultou ser a da nai do goleador do Numancia, Pilar Fernández. Na segunda parte, Pita logrou un segundo gol, así que dous goles e dúas botellas de Bodegas e Vinos Ares para a casa dos Pita.
Por outra banda, queremos comentar que resulta gratificante para a toda a familia numantina seguir vendo por Prados Vellos a aqueles xogadores que xa non están en activo pero non por iso esquecen a entidade. Nesta ocasión acompañáronnos Paulo e Chapu, dous numantinos que aínda xogaban a temporada pasada e compartían vestiario cos rapaces deste ano. E coincidiron en destacar unha xornada máis ao dianteiro Pita, autor de dous goles (o primeiro foi “olímpico”) e realizando unha vez máis un partido completísimo, loitando por cada balón e axudando ao equipo. Xunto a Pita, destacaron a Cristian, con pouco traballo pero cunha intervención espectacular salvando un gol cantado e outras intervencións dignas de mérito. Tamén Vicente logrou boa nota, aportando a súa veteranía e saber estar na defensa, aínda que non tivo sorte nos seus remates na área contraria, na que se encontrou cunha excelente parada do porteiro visitante e, noutra ocasión, co traveseiro.
Estas foron as puntuacións completas no partido de hoxe, ante un duro Cebarca:
XOGADOR
PITA 12
CRISTIAN 11
VICENTE 11
ÁNGEL 10
CARLOS VÁZ. 10
ESTEBAN 10
ÓSCAR 10
ALBERTO 8
ESPIÑEIRA 8
FRAN 8
JULIO 8
MARTÍN 8
AMENEDO 7
JOAQUÍN 7
JUAN 7
A clasificación do Trofeo á Regularidade de Bodegas e Vinos Ares deste mes de outubro, despois destas dúas primeiras xornadas, queda así:
XOGADOR Global
PITA 26
ÁNGEL 21
VICENTE 20
CARLOS VÁZ. 19
ESTEBAN 18
FRAN 18
MARTÍN 18
ALBERTO 17
ESPIÑEIRA 17
JULIO 17
JUAN 16
CRISTIAN 11
ELÍAS 11
IVÁN 11
ÓSCAR 10
ARNOSO 8
AMENEDO 7
JOAQUÍN 7
EMI 0