XUVENÍS. TROFEO Á REGULARIDADE "CAFETERÍA TARRAFA". 2ª SEMANA ABRIL 2017
PABLO CAVEZZA, CON DOUS GOLES, XOGADOR DESTACADO ANTE O MANIÑOS
Carlos e Cartelle lideran o premio á Regularidade da Cafetería Tarrafa.
Ares, 9 de abril de 2017.
Vitoria máis difícil do que indica o marcador final ante un rival que se empregou a fondo na disputa de cada balón. Pero por riba do resultado final, temos que destacar dúas excelentes noticias que se produciron na tarde deste sábado en Prados Vellos. Despois de máis dun ano sen vestir a camisola do Numancia, Fran Iglesias reapareceu en partido oficial e completou unha máis que discreta actuación xogando os noventa minutos do partido. Superadas lesións e enfermidades, por fin puidemos volver a ver a este magnífico xogador dirixindo ao equipo coa súa innata calidade. Ademais, tamén asistimos ao debut de dos rapaces procedentes dos cadetes: Iván e Jaime. Os dous evidenciaron que xa están preparados para xogar na categoría xuvenil, aportando mobilidade en ataque e seguridade defensiva.
Marcelo (xogador do equipo de afeccionados e adestrador dos prebenxamíns), Barreiro (xuvenil lesionado), e os dous técnicos de xuvenís, Carballeira e Antón, déronlles estas valoracións:
CAVEZZA 3,7
CARLOS V 3,6
IVÁN 3,3
CARTELLE 3,3
FRAN 3,2
JAIME 3,2
ÓSCAR 3,1
FRAN ANI 2,7
ROLO 2,7
TITO 2,7
MIGUEL 2,3
RAÚL ANI 2,3
BIRAMA 2,0
FEAL 2
GIL 1,9
ADRI ANEI 0,8
A nota media do equipo subiu lixeiramente con respecto a partidos anteriores: 2.7.
Disputados dous partidos deste mes de abril, o Trofeo á Regularidade da Cafetería Tarrafa está encabezado por Carlos:
CARLOS V 6,8
CARTELLE 6,0
TITO 5,8
CAVEZZA 5,6
ÓSCAR 5,4
F. ANIDO 4,9
ROLO 4,8
MIGUEL 4,3
BIRAMA 3,9
FEAL 3,8
GIL 3,6
IVÁN 3,4
FRAN 3,3
JAIME 3,3
RAÚL ANI 2,3
EMI 2,0
FERRO 1,9
ADRI ANEI 0,9