XUVENÍS. TROFEO Á REGULARIDADE "O BODEGÓN". 1ª SEMANA
PORTUARIOS, 0 – NUMANCIA, 1
Neste mes de febreiro o establecemento “O Bodegón” será o patrocinador do trofeo á Regularidade dos xuvenís do Numancia. Pablo Ferro foi o máis valorado en Aneiros.
Ares, 5 de febreiro de 2017.
Continuando coas rotacións e sempre agradecendo a xenerosa colaboración dos establecementos hosteleiros de Ares, chegamos a este mes do Entroido, contando coa axuda do “Bodegón” para patrocinar as puntuacións semanais que premian aos nosos rapaces, valorando as súas actuacións.
E comezamos a andaina en Aneiros ante un Portuarios que pelexou ata o último segundo para conseguir un empate que tivo cerca. Nunha tarde “venteada”, con fortes refachos que complicaban o xogo, o Numancia xuvenil disputou un partido trabado, pouco vistoso pero si enérxico, no que ao final decidiu un “golazo” de Pablo Ferro cun disparo potente e colocado desde o borde da área.
Os participantes nas votacións foron dous rapaces (amigos dos nosos xuvenís):José Montero e Pablo Rodríguez; máis dous pais: Esteban Ferro e Colás Sanchez. Estes foron os puntos outorgados:
FERRO 4,5
TITO 4,25
CARTELLE 4
ÓSCAR 3,75
CARLOS V 3,5
ROLO 3
ADRI ANEI 2,75
RAÚL ANI 2,75
ANTÓN 2
GIL 2
CAVEZZA 1,75
MIGUEL 1,75
BARREIRO 1,25
FEAL 1,25
BIRAMA 1