XUVENÍS. TROFEO Á REGULARIDADE TABERNA A PEDRA FEITA . 1ª SEMANA
MEIRÁS, 2 – NUMANCIA, 0
O porteiro Tito foi o xogador máis valorado neste primeiro encontro do 2017 e o que encabeza o trofeo á Regularidade deste mes de xaneiro, patrocinado pola Taberna A Pedra Feita.
Ares, 9 de xaneiro de 2017.
Volvemos á realidade da competición de Liga e encadeamos unha derrota máis, situándonos moi abaixo na táboa clasificatoria.
Este mes de xaneiro o patrocinador do Premio á Regularidade será a Taberna A Pedra Feita, tamén coñecida como Museo da Salazón, un dos máis orixinais locais da vila de Ares.
Ao final do partido de Meirás, Borja Vilasánchez, Cristian Antón, Emi Magariños e Carballeira deron as súas puntuacións, que ofrecen as seguintes notas medias:
TITO 4
ÓSCAR 3
ADRI ANEI 2,75
CARTELLE 2,75
ROLO 2,75
ANTÓN 2,5
CARLOS V 2,5
FERRO 2,25
NICO 2,25
GIL 1,75
LUÍS 1,75
ÁLVARO 1,5
MIGUEL 1,5
BIRAMA 1,25
CAVEZZA 1
FRAN ANI 1
A nota media do equipo queda nun 2.1, un insuficiente claro.