TROFEO Á REGULARIDADE, CATEGORÍA XUVENIL. CAFETERÍA EL NAVÍO.

Cafetería El Navio colaborador con a ADR. Numancia de Ares.DÍA DA NAVALLA NA CAFETERÍA "EL NAVÍO". SÁBADO 3 DE DECEMBRO.

A partir das 13.00 h. e por 3.5 € a ración (8 unidades), poderemos saborear  unhas exquisitas navallas e comezar o mes de decembro con bo sabor de boca. Así tamén queremos que empecen os xuvenís do Numancia na xornada matinal do domingo ante o As Pontes.

Ares, 2 de decembro de 2016.

Chegamos ao terceiro mes de competición e o “patrocinador” do trofeo á Regularidade na categoría xuvenil vai ser a Cafetería “El Navío”. Ao longo deste mes iremos ofrecendo as puntuacións dos rapaces baixo o logo de “El Navío”, nome da cafetería que podemos asociar ao propio nome do club, pois segundo algunha teoría, a entidade colle o seu nome da fragata “Numancia”. Unha visita á cafetería servirá tamén para contemplar os cadros que recollen recreacións de “navíos” de épocas diferentes, ademais de probar unhas navalliñas.

No plano deportivo, esperamos que a vitoria conseguida polos xuvenís na súa visita a Cariño teña continuidade no partido que se disputará o domingo pola mañá ás 10.30 h. en Prados Vellos. O rival non facilitará a vitoria e chegará con ánimos de demostrar a súa ambición nesta liga, despois de vencer ao Galicia de Caranza B e empatar co Portuarios. Non caben confianzas ante un As Pontes que sempre pelexa os partidos.

Para este encontro, o técnico local Miguel Carballeira seguirá sen poder contar cos lesionados Emilio Magariños e Pablo Ferro, aínda que si terá á súa disposición a Roberto Pita Santalla (Tito), porteiro fichado esta semana, procedente do Val B.  

 Cafetería El Navío colaborador con a ADR. Numancia de Ares.

DÍA DA NAVALLA NA CAFETERÍA "EL NAVÍO". SÁBADO 3 DE DECEMBRO.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.