TROFEO Á REGULARIDADE RESTAURANTE "A FERRADURA". 2ª SEMANA

CONTINÚA O EMPATE ENTRE ANTÓN E CARLOS.

A vitoria en Cariño confirmou a primeira posición na primeira fase da Liga que conleva a clasificación para as semifinais de Copa na que o rival será o Portuarios.

Ares, 14 de novembro de 2016.

Ante un Cariño que non se xogaba nada, o Numancia tampouco tivo maiores problemas para conseguir unha contundente vitoria que lle daba a primeira praza do grupo. Desta maneira, as semifinais de Copa enfrontará aos aresáns co segundo clasificado do outro grupo, que sorpresivamente foi o Portuarios ao derrotar no seu partido a un Narón que partía coma favorito. Na outra semifinal os clasificados son o Galicia Caranza B e o Meirás.

No que respecta ao trofeo “Restaurante A Ferradura” deste mes de novembro, repítese o empate entre Antón (trigoleador en Cariño) e Carlos. Veremos nos dous seguintes partidos (Ensanche en Prados Vellos e Cariño, outra vez en Cariño) quen leva a cea da Ferradura.

Nas saídas do equipo vémonos obrigado a botar man das valoracións dos familiares que acompañan os rapaces, así que resulta inevitábel a repetición dos “voluntarios”. E na longa viaxe a Cariño, os participantes foron: Alicia Mandiá, Ángel Rodríguez, Gaspar López e o avó Pancho Anido.

 

ANTÓN            4,5

CARLOS V 4,5

LUÍS          4

ÓSCAR         4

CARTELLE 3,25

FERRO         3,25

BIRAMA         3

FRAN ANI 3

GIL                 3

J. CARLOS 3

ADRI ANEI 2,75

BARREIRO 2,5

ROLO         2,5

CAVEZZA         2,25

MIGUEL         2,25

ÁLVARO         2


A clasificación xeral queda así:

ANTÓN         8,50

CARLOS V 8,50

ÓSCAR         7,00

FRAN ANI 6,75

LUÍS                 6,25

FERRO         6,00

CARTELLE 5,75

BARREIRO 5,50

BIRAMA         5,25

GIL                 5,00

ADRI ANEI 4,75

ROLO         4,50

ÁLVARO         4,25

MIGUEL         4,25

RAÚL ANI        3,50

J. CARLOS 3,00

CAVEZZA         2,25

SAAVEDRA 2,25

EMI                 0,00

FEAL         0,00

FRAN         0,00

NICO         0,00

SERGIO           0,00

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.