TROFEO Á REGULARIDADE. RESTAURANTE A CASA NOVA
ÓSCAR, O CAPITÁN DOS XUVENÍS, RESERVA MESA PARA A CEA
En cada partido do equipo xuvenil do Numancia a actuación dos seus xogadores será valorada (do 1 ao 5) por catro persoas escollidas ao chou entre o público...
Ares, 2 de outubro de 2016
...Desta maneira calcularemos a nota media individual e coñeceremos o xogador máis destacado partido a partido. Da suma de todas as notas medias dos encontros xogados durante o mes, obteremos o xogador premiado pola súa regularidade que recibirá un vale polo valor dunha cea para dúas persoas nun establecemento de Ares.
O primeiro trofeo á regularidade, correspondente ao mes de outubro, será outorgado polo restaurante A Casa Nova, colaborador habitual do Numancia ao que lle agradecemos a súa entusiasta disposición, presto sempre a axudar co equipo.
No partido disputado o sábado 1 de outubro en Cedeira, as valoracións individuais podemos dicir que estiveron acorde co mal xogo colectivo dun equipo mal situado e con moitas imprecisións. Tan só tres xogadores superaron o 2.5 (aprobado).
Xogador | Puntos | |
1 | ÓSCAR | 3,5 |
2 | P. CARTELLE | 3,25 |
3 | CARLOS V. | 2,75 |
4 | FRAN ANIDO | 2,25 |
5 | P. FERRO | 2,25 |
6 | EMI | 2 |
7 | SERGIO RICO | 2 |
8 | ANTÓN | 1,75 |
9 | JOSÉ CARLOS | 1,5 |
10 | P. CAVEZZA | 1,5 |
11 | A. LUIS | 1,25 |
12 | BIRAMA | 1,25 |
13 | D. GIL | 1,25 |
14 | MIGUELÍN | 1,25 |
15 | NICO | 1,25 |
16 | ROLO | 1,25 |