1ª XORNADA FÚTBOL PRAIA
¡¡¡A MAXIA VOLVEU Á PRAIA!!!
Primeira xornada do Torneo de Fútbol Praia Ares 2010 organizado polo Numancia xunto co Lar de Picas e que conta coa colaboración do Concello de Ares. Os encargados da inauguración do Torneo foron os alevíns que disputaron os primeiros partidos cos seguintes resultados:
MUEBLES NARON, 2 - O LAR DE PICAS, 13
LAS FIERAS, 13 – ESCARAPOTE, 5
Ares, 20 de xullo de 2010
Xogaban ás 18:30 dous equipos compostos por xogadores do Numancia alevín con algún que outro amigo polo medio. Estes foron os xogadores que formaron nos equipos:
MUEBLES NARÓN: Fernando, Alfredo, Nico, Jose, Antón, Miguel e Sergio.
LAR DE PICAS: Ian, Emilio, Piñeiro, Carlos, Fran, Moisés e Raúl.
Este partido tivo un dominio claro do Lar de Picas, aínda que o Muebles Narón pode dar que falar no Torneo, xa que hoxe tivo un mal día ademais dalgunha baixa.
Ás 19.30 saltaban á area de xogo os seguintes xogadores:
LAS FIERAS: Felipe, Antonio, Javier, Óscar, Nacho, Gonzalo, Jaime e Dani.
ESCARAPOTE: Alex, Dani, Pedro, Juanm Alejandro, David, Andrés, Carlos, Xavi e Andrés.
Este partido foi algo máis disputado có anterior, aínda que AS FIERAS de Ares e comarca acabaron impoñéndose con claridade ao equipo formado por moitos nenos do Campamento Urbano de Ares, onde hai xogadores canarios e manchegos entre outros.
Bonita xornada a vivida este luns na praia aresá, recuperando o fútbol praia en Ares para desfrute da fiel afección aresá e dos veraneantes.
A clasificación queda da seguinte maneira:
GRUPO A
Lar De Picas, 3 ptos
Muebles Narón, 0 pts
Furia Azu,l 0 pts
GRUPO B
Las Fieras, 3 pts
Escarapote, 0 pts
Barallobre, 0 pts
Mañá espéranos outra xornada na categoría ALEVÍN cos seguintes encontros:
18:30 LAR DE PICAS - FURIA AZUL
19:30 ESCARAPOTE - BARALLOBRE
Na tarde de hoxe, martes, entran en liza os dous equipos de Barallobre, Furia Azul e Barallobre. ¡¡¡¡Isto non fixo máis que comezar¡¡¡ ¡¡¡Vémonos na Praia de Ares¡¡¡
< Anterior | Seguinte > |
---|