REMO OLÍMPICO. CAMPIONATO DE ESPAÑA
ARES ESTARÁ EN SEVILLA
O Club de remo de Ares parte á noitiña para Sevilla, onde participará esta fin de semana no campionato de España de remo olímpico, nas categorías alevín, infantil e cadete.
Ares, 7 de xullo de 2010
Ás once desta noite sae a expedición aresá desde as inmediacións do club de remo. Un autobús levará aos remeiros, adestradores, directivos e familias ata a cidade hispalense, onde o venres, 9 de xullo, comezará este campionato de España coas eliminatorias previas. O sábado celebraranse os cuartos de final e semifinais e xa o domingo, 11 de xullo, disputaranse as finais.
O club de remo de Ares participará nas seguintes probas:
Alevín Masculino (4x): Jonathan Aguilar, Alejandro Permuy, Yosua e Carlos Piñeiro
Infantil Feminino (2x): Cristina Reborido e Nerea Vázquez
Infantil Feminino (1x): Aida Prieto.
Infantil Masculino (2x): Julián Sixto e Bran Rodríguez
Infantil Masculino (1x). Iván Romero
Cadete Feminino (2x): Aida Carro e Sheila Fernández
Cadete Feminino (2-): Nicole Maroño e María Saavedra
Cadete Feminino (1x): Sara Freire
Cadete Feminino (4x): Aida, Sheila, Nicole e María
Cadete Masculino (2x): Daniel Vázquez e Juan Sixto
Cadete Masculno (2-): Abraham Vázquez e Adán Prados
Cadete Masculino (1x): Miguel Piñeiro
Unha ampla expedición que sae coa ilusión de conseguir algunha medalla, obxectivo que xa de por si é moi difícil de conseguir e por riba, van ter que superar unhas temperaturas altísimas que, sen dúbida, afectarán no seu rendemento.
< Anterior | Seguinte > |
---|