TORNEO FÚTBOL-PRAIA. 8ª XORNADA

SÓ QUEDAN AS FINAIS
Ante a incomparecencia de Fantoches en infantís, a xornada quedou reducida ao partido de alevíns entre Bankia e Los Españoles.

 


Ares, 26 de xullo de 2012

LOS ESPAÑOLES, 5 – BANKIA, 14 (ALEV)
Na oitava xornada do Torneo, xogábase este xoves o último partido de grupo entre os  alevíns de Bankia e Los Españoles, partido intrascendente para a clasificación pero que tivo dous primeiros tempos moi interesantes, con goles de fermosa factura por ambos lados. En conclusión, un encontro con clara superioridade de Bankia e con moitísimos goles.

 


Ao remate do partido, Genete “colgou” as medallas de bronce aos xogadores de Los Españoles, terceiros clasificados na súa categoría


BANKIA, 3 – FANTOCHES, 0 (INF)
Neste partido no que se ía disputar o 3º e 4º posto, non se presentou o equipo de Fantoches. Sen comentarios.
Despois da regulamentaria espera, e ante a incomparecencia de Fantoches, Genete entregou as medallas de bronce aos compoñentes de Bankia, coma terceiros clasificados.

E mañá, venres, 27 de xullo chega a xornada final do Torneo, con horario adiantado con respecto ás outras xornadas (comezan as festas do Carme en Ares), e con dous partidos a priori moi igualados:


17.30    FINAL ALEVÍN. BANKIA – XUVENTUDE


18.15    FINAL INFANTIL: COCA JUNIOR – NARANJA MECÁNICA


Ao remate dos partidos, o concelleiro de deportes de Ares, José Juán Vilar, entregará as medallas correspondentes.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.