FUTBOL PRAIA ARES 2011. REPESCA ALEVIN.
Repesca alevín. Sin sorpresas.
Turno na xornada do martes para os partidos de repesca alevín, uns partidos raros e sen moita emoción, aínda que con tensión e xogadas espectaculares.
As 18:00 disputouse o primeiro envite
CANTINA SKULL PÁDEL, 2 - VERDES, 7
Partido bronco no que Os Verdes aproveitaron o seu poderío físico para levarse o partido sen maiores atrancos. O xoves ás 18:45 xogarán a segunda semifinal ante o Bankia.
As 18:45 xogouse a segunda repesca:
LOS VALIENTES, 2 - NORWAYS, 14
A diferencia de idade foi fundamental neste partido. Gran Torneo de Los Valientes, con moita ambición e sabendo perder. Pola contra, o Norways xogará o xoves as 18:00 na primeria semifinal fronte ó Casa Alonso.
Para a xornada do mércores, temos a semifinais infantís nuns horarios mais tempraneiros:
17:00 LOS POLLUELOS – VIDEO ARES (INF)
17:45 PERLÍO – PLAYARES (INF)
¡¡¡Chegan os partidos mais agardados na Praia de Ares. Os partidos nos que se decidirán os finalistas do Torneo Fútbol Praia Ares 2011, na categoría infantil¡¡¡
Ó remate dos encontros, todos a Prados Vellos a disfrutar do partido Eume Deportivo – Cerceda da Copa Diputación, as 19:00.
¡¡¡Vémonos o mércores nunha tarde con moito fútbol¡¡¡ ¡¡¡¡Non faltedes¡¡¡
< Anterior | Seguinte > |
---|