PROTAGONISTA DO PARTIDO: MANU

SDR NUMANCIA. PROTAGONISTA. MANU. 2009-10

MANU:O SEU GOL ABRIU O CAMIÑO DA VITORIA.

Numancia, 3 - Narahío, 0 (13/09/09 Prados Vellos)

No partido deste domingo, o PROTAGONISTA foi Manu, xogador que esta temporada volveu ás filas numantinas tras o seu paso polo Narón, marcado cunha grave lesión que imposibilitou a súa progresión.


               S.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2009-2010. ManuPreguntado polo encontro contra o Narahío, opinou que “houbo claramente dous partidos: o da primeira metade e o da segunda. A primeira metade foi moi mala, con perdas de balón continuas, perdas perigosas na saída de balón dende a defensa, que sempre supoñen ocasións de gol para os contrarios. De medio campo cara arriba, faltou a chispa e velocidade necesaria para crear ocasións de gol. De feito, só recordo unha xogada de perigo en acción combinativa en toda a primeira metade. Ademais, a circulación de balón non foi boa, e aínda que non serve de excusa, pode que fose propiciado en parte a que o campo estaba seco, malia que foi regado intres antes do comezo do partido.
Na segunda metade houbo un gran cambio, e aínda que non se viu un xogo brillante, si se notou melloría. Xa dende o inicio da segunda parte. Poida que fose pola charla do míster no descanso, polos trocos, polo cansanzo do Narahío, etc, pero o certo é que dende o comezo da segunda metade, notouse outro Numancia, que se asemellou ao que quere parecerse, cunha actitude gañadora, velocidade, etc. pero sobretodo ao convencemento de que este partido había que gañalo. Por todo iso, chegaron os 3 goles, que ben puideron ser algún máis.
Do partido en si, destaco o debut do rapaz de xuvenís Jorge, pois sempre é necesario que apareza xente de abaixo para botar unha man”
Sobre a temporada 2009 – 2010, manifesta que “a ilusión que existe é moi grande, temos depositadas grandes esperanzas de conseguir algo do que se sinta orgullosa toda a familia numantina. Hai moi bos xogadores, que pouco a pouco deberían acoplarse. Ademais, o vestiario está moi involucrado, con moita ilusión, e isto é o primeiro paso para facer algo importante. Pero non debemos confiarnos, hai que traballar moito.
A liga é moi longa, e debemos ir todos en bloque: xogadores, entrenadores, directivos, afección, etc. Temos que enganchar á xente, como ocorreu no remate da temporada pasada, tanto en xuvenís como en afeccionados, na que se notaba na vila “a marea vermella”.
Interesámonos tamén por coñecer o seu estado físico actual, despois dun longo ano negro: “No aspecto personal, eu polo de agora sigo sufrindo as consecuencias da miña grave lesión de fai un ano. Debido á falta de masa muscular na perna, estiven as últimas semanas entrenando a menor ritmo que os compañeiros, para darlle descanso, pero cada día que pasa, encóntrome mellor”.
               Estamos convencidos de que o protagonismo de Manu nesta xornada non será o último. Todos os seguidores aresáns agardan os seus goles e desexan que a súa recuperación sexa total.
               No remate desta breve entrevista, Manu exclama:
“FORZA NUMANCIA”

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.