Protagonístas. Afeccionados. Cariño, 1 - Numancia, 2

S.D.R. Numancia de Ares. Opinión. Temporada 2009-2010. Pedrito sobre la víctoria por 2 a 1 frente al Cariño.Pedrito opina sobre a víctoria do equipo en Cariño

No partido de Cariño, Pedrito brillou con luz propia, foi o atacante máis perigoso e tamén o máis castigado. Rápido, vivo e determinante. Un gol que abriu o marcador e coartífice do segundo gol. Ademais, catro ou cinco remates de gol. Sen dúbida, O PROTAGONISTA do partido.

Pedro Sánchez JuliánAo remate dos noventa m. pedímoslle unha valoración do partido: “Este partido en Cariño foi moi disputado, deberíamos ter marcado algún gol máis na primeira parte xa que dominamos claramente pero non estivemos moi acertados na finalización. Defensivamente, só nos crearon un par de entradas por banda esquerda.

E na segunda parte, non soubemos matar o partido porque con 0-2 tivemos outra ocasión moi clara para sentencialo. Permitimos que entraran no partido cando nos fixeron o 1-2 e tocou sufrir un pouco.”

 

Diana de reitadas faltas, comenta que “o árbitro quizás fose un pouco permisivo coas entradas dos rivais e non amosaba cartóns, polo que non paraban de facer faltas.”

 

En canto á súa actuación persoal, e con excesiva modestia, declara: ““Creo que estiven ao nivel do resto dos compañeiros.”

 

Preguntado finalmente polas posibilidades do Numancia nesta temporada, suliña: “Temos posiblidades de facer algo importante, pero hai que traballar cada partido con humildade, sen crerte mellor que ninguén, porque se non é así, calquera equipo che pode complicar as cousas.”

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.