INFANTÍS
IVÁN FICHA NO G. CARANZA
Esta tarde confirmouse a fichaxe de Iván para o Caranza da liga galega.
Ares, 13 de xullo de 2010
Nunha reunión celebrada no local social do Numancia, na que estiveron presentes directivos do Numancia e Kike Soto, directivo do Caranza, acordouse a marcha do xogador infantil Iván Fernández para o equipo ferrolán que competirá na liga galega infantil.
Iván Fernández leva xogando no Numancia desde que era prebenxamín e quere probar fortuna nunha categoría superior. As directivas dos dous equipos así como os pais de Iván acordaron unhas mínimas condicións, favorecendo os desexos do xogador e velando tamén polos intereses do Numancia.
Nesta ocasión, hai que agradecer o proceder do Caranza, póndose en contacto desde o primeiro momento coa directiva do Numancia, transmitíndolle o seu interés por fichar ao rapaz.
Só queda desexarlle a Iván que complete unha boa temporada no G. Caranza e siga progresando como o leva facendo ano tras ano. Estamos seguros de que co seu traballo, esforzo e calidade conseguirá facerse cun sitio no seu novo equipo.