Infantís. Torneo de Maniños.
Non se pasou da primeira rolda.
O Numancia caeu na fase previa de grupos no torneo infantil organizado pola Cultural Maniños S.D. disputado os días 4, 5 e 6 de xuño no campo de O Pote en Maniños. Unha derrota ante o Galicia de Caranza B e una vitoria ante o Portuarios B deixaron apeados os aresáns dun torneo que gañou o Racing San Pedro ó vencer ó Galicia de Mugardos na final.
O Pote 4/06/2010
Galicia de Caranza B, 4 - Numancia, 1.
Xogaron este primeiro encontro Agustín, José Manuel, Verónica, Alberto, Darío; Miguel, Ángel, Andrés Novoa, Marcelo, Andrés Saavedra e Sergio Rodríguez de saída. Tamén xogaron Tomás e Alejandro.
O gol aresán foi obra de Ángel, conseguindo poñer o 3-1 no marcador ó finalizar unha xogada na que Tomás disputou un balón ó porteiro e deixou a Ángel só ante a porta para finalizar.
O Pote 5/06/2010
Numancia, 2 - Portuarios B, 0
Xogaron de saída Agustín, Óscar, Darío, Verónica, Sergio Rodríguez, José Manuel, Miguel, Alberto, Marcelo, Sergio Rico e Ángel. Tamén participaron Tomás, Alejandro e Andrés Saavedra.
Os dous tantos foron obra de Ángel.
O Numancia xogou sen intensidade o primeiro encontro e perdeu claramente fronte o Galicia de Caranza, mentres que no segundo partido amosouse un pouco máis centrado e conseguiu gañar un encontro no que xa nos se xogaba nada xa que o Galicia de Caranza tamén gañara ó Portuarios e xa estaba clasificado.
Varias baixas por diversos motivos fixeron necesaria a participación de dous alevíns, Óscar e Sergio Rico, que fixeron un moi bó partido. Tamén subliñar o estado de forma de Ángel que foi o goleador do equipo anotando todos os tantos do torneo.