INFANTÍS: GALICIA MUGARDOS, 7 - NUMANCIA, 3
Goleada na Pedreira
sábado, 17 de xaneiro de 2009.
Ramón.
ALINEACIÓNS:
G. MUGARDOS: Iago, Juan, Mateo –David,m.51-, Iván, Adrián, Álvaro, Andrés –Alexis, m.64-, Nacho, Daniel, Planas e Borja.
NUMANCIA: Pepe, Roque, Adrián, Juan –Darío, m.31-, Cartelle, Piñeiro, Javier –Juan Carlos, m.58-, David, Xaime –Alejandro, m.64-, Quique e Edu.
ÁRBITRO: Antonio Martínez Porta.
GOLES:
0 – 1 : Xaime, m. 6
1 – 1: m. 25
2 – 1: m. 27
3 – 1: m. 37
3 – 2: Ricardo, m. 43
4 – 2: m. 50
4 – 3: Edu, m. 52
5 – 3: m.63
6 – 3: m. 65
7 – 3: m. 67
INCIDENCIAS:
Partido xogado no campo da Pedreira. O estado do terreo de xogo, moi pesado pola chuvia caída durante a noite, non axudou á posibilidade de ver un partido vistoso. Actuaron coma capitáns Nacho e Pepe.
COMENTARIO:
Mal partido do Numancia tanto no aspecto defensivo coma no ofensivo, pero especialmente no defensivo, onde a falta de acerto e, en ocasións, a falta de contundencia dalgúns xogadores facilitou o labor do equipo local, que gañou merecidamente nun partido que controlou de principio a fin.
Corría o minuto catro cando nunha falta cometida dentro da área visitante o árbitro sinalou penalti a favor do Galicia, penalti que foi detido polo guardameta Pepe nunha espectacular estirada.
Aos seis minutos, un balón colgado ao centro da área mugardesa, controlouno co peito Xaime, superándo a Iago e establecendo o 0-1.
No m. 25, unha falta no medio campo a favor do Galicia lanzada á área do Numancia non foi rexeitada pola defensa, supoñendo o empate a un gol.
Dous minutos despois, outro centro do Galicia desde o medio campo provocou outro erro na defensa aresá que aproveitou o equipo local para adiantarse no marcador.
A tres minutos do final da primeira parte, un contraataque mugardés e un novo fallo da defensa aresá colocou o tres a un.
A segunda parte comezou cunha extraordinaria cabalgada de Edu pola banda esquerda, centrando á área onde, unha espectacular volea de Ricardo serviu para acortar distancias.
Sete minutos despois, un novo contraataque dos locais e un remate raso colocou o 4-2 pero Edu, nun remate de cabeza conseguiu manter aínda a esperanza do empate.
Nos últimos quince minutos o Galica marcaría outros tres goles, en xogadas de contraataques e de penalti.