Infantís: Numancia, 1 - Ortigueira 3
Segimos sen melloría.
En encontro correspondente á 3ª xornada da 2ª autonómica infantil, o Ortigueira superou por 3 tantos a 1 ao Numancia no seu campo de PradosVellos en Ares.
Prados Vellos 26/09/09
Xogaron polo Numancia: Agustín (Roberto 40'); Miguel, Verónica, Darío, José Manuel; Marcelo (Sergio 48'), Alberto (Ángel 48), Martín, Miguelito; Brais (Alejandro 60') y Andrés Novoa.
O entrenador visitante viu a tarxeta amarela.
Parecía que o partido estaría de face para os de Ares porque pronto comezaron a crear ocasións. O Ortigueira apenas mostraba perigo salvo nun par de contras resoltas por Agustín. O ataque locais morrían na defensa visitante e sobre todo a mans dun bo porteiro. Así a xogada con máis perigo púxoa Martín no minuto 15 onde un tiro axustado desde fora da área sacouno o porteiro visitante cando xa se cantaba o gol por parte dos asistentes.
Á saída do corner, no minuto 16, o saque de Martín chega a pés de Brais que oportunista envía o balón ao fondo das redes e establece o 1-0.
Seguía o acoso local pero no minuto 21 un balón que recolle o nº 10 do Ortigueira no medio campo e é capaz de facer unha condución por banda dereita deixando atrás a catro contrarios, os cales non poñen excesivo impetu en arrebatarlle o balón. Conséguese plantar diante de Agustin e batelo por baixo establecendo o empate no marcador.
A partir de aí ataques sen moita fortuna e como na xornada anterior mal xogo local e pouco perigo visitante.
Até o descanso algunha ocasión local resolta polo porteiro visitante ou directamente errada polos atacantes locais.
Na segunda metade un remate da a saída dun corner no minuto 2 sería a ocasión máis clara dos locais, aínda que o balón sairía por encima do traveseiro.
Na xogada seguinte nova relaxación defensiva e unha xogada por banda esquerda do Ortigueira leva o balón desde o medio campo até o pico da área e conseguen dar un pase sobre a media lúa para que o nº 7 chegando en carreira consigua bater a Roberto e pór o 1-2.
Do mesmo xeito que a semana pasada fronte ao Cariño o xogo dos locais foi un quero e non podo, mal nas marcas, mal nos pases, mal nas recepcións e mal nas finalizacións. Pouco máis lle fixo falta ao Ortiguiera que nun barullo na área local conseguiu sacar un penalti por mans de Miguel, penalti que non erraron e puxeron o 1-3 definitivo no minuto 31.
Nova derrota do Numancia que veu novamente como un equipo, o Ortiguiera, sen facer grandes cousas pero xogando serio conseguiu levar novamente os puntos.
É difícil destacar algo positivo no equipo local, só algunhas intervencións en defensa de Verónica e Darío e os balóns pelexados con rabia por parte de Andrés Novoa en ataque.
O equipo segue apático, parece que non teñen gañas de xogar e así é moi difícil conseguir bos resultados.