INFANTÍS: NUMANCIA, 9 - G. MUGARDOS, 0
TONI: “OS QUE VEÑEN ATRÁS EMPURRAN FORTE”
Vitoria dos infantís no V Trofeo “Vila de Ares”.
Ares, 25 de agosto de 2016.
Disputouse onte en Prados Vellos unha nova edición do torneo “Vila de Ares” de categoría infantil entre o Galicia de Mugardos e o Numancia. Boa asistencia de público nunha tarde de agosto cunha temperatura agradable e presenza do concelleiro aresán José Juan Vilar que efectuou a entrega dos trofeos ao final do partido.
ALIÑACIÓN:
NUMANCIA: Hugo, Diego, Aarón, Iván, Marcos Margharetto, Marcos Rey, Miguel Leira, Telmo, Maodo, Aketx e Áxel. Tamén xogaron Miguel Iglesias, Raúl, Óscar, Hugo, Isma, Lucas e Habte.
ADESTRADOR: Paulo González.
DELEGADO: Antonio González.
COMENTARIO: Reproducimos o comentario de Toni:
“Comezaba a temporada para o Numancia infantil coa axuda de 5 alevíns, catro deles de primeiro ano. Os aresáns trataron ben o balón e eran quen de entrar polas bandas eo centro, moi serios en defensa e intentando levar a cabo o que se adestra pola semana.
O Mugardos presentouse con rapaces de primeiro ano e intentaron contrarrestrar o xogo do Numancia poñendo moita vontade.
A destacar o gol de Aarón dende fóra da área, cun forte disparo que entrou por toda a escadra.
En conclusión, un partido de probaturas con cambios de posición en varios nenos, e ensaio de xogadas de estratexia.
O obxectivo a conseguir é que os nenos sigan nesta liña de traballo, adestrando con ilusión e que compitan en todos os partidos coma onte.”
Galería de imaxes do V Trofeo Concello de Ares 2017 Categoría Infantil