INFANTIS. NUMANCIA, 2 – NARON, 6.
DANI: ELES XOGARON CON MOITA MAIS INTENSIDADE
Partido correspondente a 26ª xornada da Liga Infantil Pizza Movil grupo 3, disputado na tarde do sábado en Prados Vellos ante unha boa afluencia de público, con moita representación visitante. O resultado ao descanso era de 0 - 2 favorable ao Narón.
Ares, 9 de maio do 2015.
FICHA TÉCNICA:
NUMANCIA: Emilio (Jorge), Borja, Dani, Jaime, Josema (Raúl), Pablo Vascós (C), Mario, Iván, Cristian, Martín e Adrián (Raúl).
Adestrador: Antonio González Varela.
Delegado: Jorge Martínez Varela.
NARÓN B.P.: Cachaza, Iago (Sergio), Javi Prieto, Adrián (Iker), Javi Rego, Brais, Aarón, Bruno (Daniel), Dani (Ian), Marcos (C) e Yoel.
Adestrador: Juan Manuel Pérez Trinidad.
Delegado: Javier Paz Naveiras.
COLEXIADO: D. Brais Ferreiro Vérez. Amoestou a Marcos no Narón e foi expulsado Yoel tamén nos visitantes.
GOLES:
0 - 1 (BRUNO) Centro dende a banda dereita que remata Bruno no segundo pau (minuto 3).
0 - 2 (MARCOS) Saque de esquina do Narón que remata a gol Marcos libre de marca (minuto 13).
0 - 3 (MARCOS) Balón solto na área do Numancia que aproveita Marcos para marcar (minuto 45).
1 - 3 (IVÁN) Libre indirecto no que Pablo Vascós toca o balón para que Iván anote enviando o balón sutilmente pola escuadra dereita de Cachaza (minuto 50).
1 - 4 (MARCOS) Balón á espalda da defensa numantina que recolle Marcos para superar a Jorge (minuto 60).
1 - 5 (MARCOS) Internada dos visitantes por banda dereita que termina cun pase ao goleador Marcos para que anote (minuto 73).
1 - 6 (MARCOS) Centro dende a banda dereita que remata, como non, Marcos no segundo pau (minuto 75).
2 - 6 (MARIO) Penalti por man dun defensor visitante que transforma Mario (minuto 79).
Última xornada de Liga onde o Numancia rompeu a sua boa racha ante un Narón que veu a Prados Vellos a xogarse a clasificación para a Fase de Ascenso a Liga Galega. Os naroneses con moito apoio nas bancadas e máis intensidade superaron ao Numancia neste partido que nos analiza un dos capitáns numantinos, Daniel Alonso - Vilaverde
COMENTARIOS DE DANI….
A XOGADA DO PARTIDO: Unha boa xogada do Numancia foi a que provocou o penalti. Jaime abriu a banda esquerda para Martín, éste recorta e pon un gran centro que remata Mario de cabeza rexeitando o porteiro, o balón chega a Mario para rematar de novo un balón que para un defensor visitante coa man na línea de gol.
A CLAVE: O Narón xogábase moito neste partido e puxo no mesmo máis intensidade co Numancia.
ACTUACIÓN PERSOAL: Non estou moi satisfeito porque neste partido colléronme moito a espalda. O meu aspecto positivo e o golpeo de balón e o negativo a corpulencia física.
O EQUIPO: O equipo comezou o partido durmido e despois non soubo reaccionar. O único que fixemos ben foron as xogadas de estratexia.
O RIVAL: O Narón é un gran equipo reforzado que xogará por méritos propios a fase de ascenso a Liga Galega. Teñen ao pichichi e xogador máis determinante da categoría, o dianteiro Marcos Nieto que fixo 37 goles na Liga, 5 deles no día de hoxe en Prados Vellos. Un xogador que gaña partidos él solo.
O Numancia infantil rematou a Liga entre os 10 mellores equipos infantís da categoría. Bo traballo de todos os rapaces nesta competición, salientando que os 10 xogadores de segundo ano axudaron aos cadetes durante a temporada.
Agora toca pensar na Copa AFACO unha competición bonita xa que a final da mesma será en Prados Vellos. O próximo venres dende as 17:30 en Prados Vellos, Numancia, Galicia de Mugardos e Cultural Maniños buscarán o pase as semifinais nuns cuartos de final que se xogarán en formato de triangular, clasificándose o primeiro do grupo. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.