INFANTIS. R. DE NEDA, 0 – NUMANCIA, 4.
FRAN: ESTAMOS NO MELLOR MOMENTO DA TEMPORADA
Partido correspondente a antepenúltima a 24ª xornada da Liga Infantil Pizza Movil grupo 3, disputado na mañá do sábado no campo Municipal Juanito González de Neda ante numerosos espectadores de ambos equipos.
Neda, 2 de maio de 2015.
FICHA TÉCNICA:
RÁPIDO DE NEDA: David Marcos (Ángel), David, Anxo, Pablo (C), Imanol, Xoel, Fernando, David Rodríguez, Alberto, Jose (Ismael) Joel e Gorka.
Adestrador: José Luís Rodríguez López.
Delegado: Joaquín Rodeiro González.
NUMANCIA: Emilio, Cristian, Dani, Jaime, Fran (Josema), Pablo Vascós (C), Mario (Manu), Saúl, Iván, Martín e Adrián (Raúl)
Adestrador: Antonio González Varela
Delegado: Jorge Martínez Varela
COLEXIADO: D. Adrián Cancio Valcarce. Amoestou a Xoel e Jose Luís (adestrador) no Rápido de Neda.
GOLES:
0 - 1 (IVÁN) Pase interior de Pablo Vascos hacia Martín que dende a banda esquerda lanza un centro que remata Iván no segundo pau (minuto 1).
0 - 2 (MARIO) Pase interior de Pablo Vascós hacia Martín que dende banda esquerda lanza un centro que remata Mario no punto de penalti (minuto 21).
0 - 3 (MARTÍN) Falta lateral que lanza Saúl e que Martín remata tras varios rexeites no segundo pau (minuto 50).
0 - 4 (MARTÍN) Falta que lanza Jaime por enriba da defensa local que recolle Martín para superar ao porteiro local de tiro cruzado (minuto 55).
Penúltima xornada de Liga na que o Numancia reafirmou o bo traballo e as boas sensacións das últimas semanas cunha autoritaria vitoria a domicilio ante un dos equipos da zona media da clasificación, o Rápido de Neda. Esta semana, o lateral esquerdo do equipo, Fran Romaus analiza o partido.
COMENTARIOS DE FRAN…..
A XOGADA DO PARTIDO: O primeiro gol cunha triangulación entre Pablo, Martín e Iván foi unha gran xogada que nos deu confianza para afrontar o partido con vantaxe desde o inicio.
A CLAVE: A actitude e o esforzo do equipo durante todo o partido foi a clave para vencer neste partido con certa claridade.
ACTUACIÓN PERSOAL: Estou satisfeito xa que axudei moito tanto no aspecto defensivo como no ofensivo. Neste último aspecto debo mellorar técnicamente, sobre todo nos pases.
O EQUIPO: O equipo xogou concentrado en defensa e tranquilo nas accións ofensivas. O equipo está no mellor momento da temporada, xa que contamos con todos os efectivos tanto nos adestramentos como nos partidos. Estamos con moitas ganas de terminar ben a Liga e facer un gran papel na Copa AFACO.
O RIVAL: O Rápido de Neda é un equipo dun nivel similar ao noso, pero hoxe estivemos moito mais metidos no partido e asentados no campo que eles por iso conseguimos a vitoria con relativa tranquilidade.
Na última xornada de Liga, o Numancia recibirá en Prados Vellos ao Narón Balompé Piñeiros, un rival que virá a Prados Vellos a xogarse a sua clasificación para a fase de ascenso. O partido está fixado para o sábado 9 de maio as 16:30 en Ares.
Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.