INFANTÍS: ÁNIMAS, 4 - NUMANCIA, 1
MANU FERNÁNDEZ: “TIVÉRONNOS ENCERRADOS NA NOSA ÁREA”
Tres goles en cinco minutos sentenciaron un partido onde os ferroláns foron claramente superiores.
Ferrol, 14 de febreiro de 2015
Partido correspondente á décimo cuarta xornada da Liga Infantil Pizza Móvil grupo 3 disputado na mañá do sábado no campo de A Gándara - 1 ante numerosos espectadores de ambos equipos. O resultado ao descanso era de 1-0 favorable ao equipo local.
FICHA TÉCNICA:
SRD ÁNIMAS: Yago, Manu (Álvaro), Jose, Alex (Roque), Carlos, Alejandro, Jonnathan (Lucas), Óscar (Janeiro), Diego (C), Adrián (Kiddus) e Kevin.
Adestrador: Constantino Pita Anca
Delegado: Jose Janeiro Brea
NUMANCIA: Emilio, Borja, Jaime, Dani (C), Pablo Cartelle, Pablo Vascós, Mario, Martín, Naím (Cristian), Raúl e Adri (Manu)
Adestrador: Antonio González Varela
Delegado: Jorge Martínez Varela
COLEXIADO: D. Francisco García Rodríguez. Sen incidencias.
GOLES:
1 - 0 (ÓSCAR) Balón solto na área numantina que aproveita Óscar para batir a Emilio (minuto 30).
1 - 1 (PABLO VASCÓS) Penalti transformado por Pablo Vascós (minuto 56).
2 -1 (ADRÍAN) Internada por banda esquerda do Ánimas que finaliza Adriá cun disparo cruzado (minuto 58).
3 - 1 (JONNATHAN) Balón ás costas da defensa numantina que recibe Jonnathan para establecer o terceiro (minuto 60).
4 - 1 (ÓSCAR) Balón que recolle Óscar na área do Numancia para realizar un disparo que supera a Emilio (minuto 63).
Un Numancia infantil bastante mermado caeu derrotado con claridade ante o Ánimas en Ferrol no primeiro partido da segunda volta. Desta vez é un dos dianteiros do equipo, Manu Fernández o encargado de facer as valoracións do encontro:
COMENTARIOS DE MANU FERNÁNDEZ....
A XOGADA DO PARTIDO: “A xogada do partido foi unha contra deles que acabou nunha falta que ao final acabou nun gol.”
CLAVE: “Non houbo nada determinante, en conxunto foron superiores e tíñannos metidos na nosa área.”
ACTUACIÓN PERSOAL: “Non estou satisfeito xa que podendo dar pases para que os meus compañeiros crearan ocasións pois eu pequei de individualista e acabei perdendo o balón.”
O EQUIPO: “O xogo do noso equipo non foi bo xa que nos tiveron encerrados na nosa área.”
O RIVAL: “O que destaco do equipo contrario é que xogaban moi ben en equipo e tiñan unha defensa forte moi difícil de penetrar e a dianteira foi o mellor do equipo xa que tiñan ao mellor do equipo que era o que máis perigo tiña do seu equipo e tamén deu a maioría das asistencias.
O próximo sábado as 16:30 o Numancia recibirá a un rival que está xusto por enriba dos numantinos na clasificación, o Cedeira SD. Sen dúbida un partido bonito no que os numantinos buscarán recuperar os bos resultados.
Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.