INFANTIS. PERLIO, 4 - NUMANCIA, 1.
CUESTIÓN DE EFICACIA
Partido correspondente a penúltima xornada da Liga Infantil grupo 4, disputado o venres no campo de fútbol de Os Pinares en Perlío ante numerosos espectadores de ambos equipos.
Perlío, 2 de maio do 2014.
FICHA TÉCNICA:
PERLÍO: Julián (Mateo), Alexis (Mario), Diego (Diogo), Dani (Pablo Pena), Pablo, Dani Pita, Hugo, Brais (C), Xabi, Javi (Simón) e Martín.
Adestrador: Leonardo García Ameneiro.
Delegado: Julián Rico Rilo.
NUMANCIA: Fran Romaus (Álvaro), Jaime (Antonio), Raúl, Javi, Marcos (Carlos), Pablo (C), Dani, Saúl, Cristian, Diego (Fran Anido) e Martín.
Adestrador: Antonio González Varela.
2º Adestrador: Jorge Martínez Varela.
Delegado: Luís Feal Campos.
COLEXIADO: D. Marcos Padín Pita. Amoestou a Xabier do Perlío.
GOLES:
Perlío: Xabier (2), Martín e Simón.
Numancia: Fran Anido.
CRÓNICA:
Remataba o Numancia a sua maratoniana semana de partidos visitando na tarde do venres o campo de Os Pinares para medirse o Perlío. O maior acerto de cara a gol propiciou que os feneses conseguiran a vitoria.
Na primeira metade dominio do Perlío, que aproveitou as súas tres chegadas a portería do Numancia para anotar tres goles. O Numancia soamente levou algo de perigo nalgún balón sobre Martín. Co resultado de 3 - 0 chegabamos ao descanso.
Na segunda metade o Numancia cambiou o sistema e tamén a sua cara. O equipo numantino foi superior na segunda metade gozando de innumerables ocasións de Martín, Raúl, Saúl, Fran Anido.... pero no había maneira de que o balón entrase na portería fenesa. Para colmo de males Simón aproveitaba un contraataque local para establecer o 4 - 0. No minuto 73 Fran Anido conseguía o gol da honra para o Numancia que establecía o definitivo 4 - 1 no marcador.
En resumo, partido competido polo Numancia pero sin acerto de cara a portería contraria. Nesto do fútbol xa se sabe que goles son amores.
Agora toca centrarse nos dous últimos partidos de Liga, recibindo ao Narón e visitando ao Miño. Agardemos que os rapaces non baixen os brazos e consigan sumar algún punto nestos últimos dous encontros ligueiros. O sábado as 16:30 en Prados Vellos tedes unha cita obrigada co Numancia infantil ante o Narón e as 18:15 cos cadete ante o Eume. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡
A continuación deixámosvos cunha magnífica galería fotográfica do Perlío - Numancia por xentileza de Domingo García.
NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡