INFANTIS. PORTUARIOS, 8 - NUMANCIA, 0.
DOUS MUNDOS MOI DIFERENTES
Partido correspondente a 18ª xornada da Liga Infantil grupo 4, disputado no mediodía do sábado no campo de fútbol de Aneiros en Serantes.
Ferrol, 26 de abril de 2014.
FICHA TÉCNICA:
PORTUARIOS: Alex Castro (Jose), Xavier (Cándido), Adrián, Javi, Alex Díaz (Jorge), Antonio, David, Pablo, Gonzalo (Fernando), Jesús e Brais (David).
Adestrador: Juan M. Bastida Tizón
2º Adestrador: Alejandro Serantes Antón.
Delegado: Rogelio Salgueiro García.
NUMANCIA: Álvaro (Fran Romaus), Jaime, Antonio, Raúl, Javi, Dani, Saúl (Manu), Fran Anido, Cristian (Marcos), Diego (Martín) e Iván (Josema).
Adestrador: Antonio González Varela.
2º Adestrador: Jorge Martínez Varela.
Delegado: Luís Feal Campos.
COLEXIADO: D. Francisco López Gómez. Sen incidencias.
GOLES: Pablo (3), Gonzalo, Jesús, David, Jorge e Fernando.
CRÓNICA:
Visitaba o Numancia as remozadas instalacións de Aneiros onde agardaba o equipo responsable das mismas, o Portuarios de Ferrol Vello. Un equipo local moi cambiado con respecto a primeira volta, xa que reforzouse para as últimas 5 xornadas da competición e a fase de ascenso cos mellores xogadores do Portuarios "B" e outro do Ánimas.
Os numantinos non poideron facer nada ante a gran superioridade física e o gran potencial dos ferroláns. Na primeira metade os de Ares aguantaron 15 minutos, pero despois os goles foron caendo debido tamén a pouca resistencia e loita dos nosos xogadores nesta primeira metade; que terminou co resultado de 4 - 0 favorable os locais.
Na segunda comezaba anotando xa no primeiro minuto o Portuarios. Aínda así, os xogadores numantinos estiveron moito mais sacrificados e metidos no partido. Sacaron o orgullo numantino e tiveron algunha opción de gol. Os locais non baixaron a intensidade e os numantinos loitaron para non encaixar mais goles. Nos últimos minutos chegaron tres novos goles para establecer un resultado demasiado abultado e ¿por qué non? un castigo algo excesivo para a expedición do Numancia.
En resumo, partido entre dous equipos moi diferentes. Un conxunto local que busca o alto rendimiento e a máxima competitividade posible en busca do campionato de Liga e da preparación para a fase de ascenso. No outro bando un Numancia que sigue apostando pola formación e reparto de minutos entre todos os seus xogadores e que intenta competir o mais dignamente posible ante os trasatlánticos da categoría.
O próximo mércores na xornada entre semana o Numancia recibirá en Prados Vellos a visita doutro dos equipos que loita polo título de Liga, o Racing de Ferrol "B". Sen dúbida outro esixente e bonito partido para os numantinos, que buscarán compricarlle as cousas aos ferroláns no terreo de xogo. O próximo mércores as 16:45 tedes unha cita cos infantís (e logo cos cadetes) no seus partidos ante o Racing de Ferrol "B" e ante o Ánimas. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡
A continuación, podeder disfrutar dunha magnífica galería fotográfica do partido por xentileza de Domingo García e de Javi Varela.
NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡