INFANTÍS. EF G. CARANZA, 2 - NUMANCIA, 0.
FIN DA COMPETICIÓN DE COPA
Partido da última xornada da Copa infantil da Delegación de Ferrol disputado na tarde do venres no Municipal de Caranza.
Ferrol 29 de novembro do 2013
FICHA TÉCNICA:
EF GALICIA DE CARANZA: Iván (Marcos), Adrián (Diego), Alex, Héctor (Alejandro), Juan, Carlos, Antía (C), Samu (Marco), Álvaro, Yago (Joaquín) e Dani.
Delegado: Javier Pérez Pérez.
NUMANCIA: Álvaro (Fran Romaus), Jaime, Javi, Raúl, Josema, Dani (C) (Pablo), Cristian, Martín, Adrián, Martín (Antonio) e Manu.
Adestrador: Jorge Martínez Varela.
Delegado: Antonio Lemos Dopico.
GOLES: Álvaro Tenreiro (2) para o EF Galicia de Caranza (mtos 9 e 45)
COLEXIADO: D. David Sierra Pereira. Amonestou a Javi por parte do Numancia.
CRÓNICA:
Presentábase o Numancia infantil con numerosas ausencias por enfermidades ou lesións no Municipal de Caranza para xogar a última xornada da competición de Copa. Pouco que contar do partido ante a Escola do Caranza. Foi un encontro igualado no que o maior acerto dos xogadores locais na finalización das xogadas deulles a vitoria. Os numantinos tiveron ocasións para traer algún punto pero a sorte non acompañou neste partido.
En resumo, novo partido para seguir formándose, collendo minutos e preparar a competición de Liga.
Remata a competición de Copa para o Numancia infantil, con 4 victorias, 1 empate e 7 derrotas. Resultados pouco importantes nunha fase de temporada na que a adaptación dos moitos xogadores de último ano o fútbol - 11 e a categoría infantil prima por enriba de todo. Pouco a pouco os mais novos están mais asentados e con mais confianza no campo; apoiados polos xogadores veteráns que en ocasións aportan caracter e forza ó equipo.
Nos próximos días subiremos o calendario competicional dos infantis para o que resta de temporada a esta páxina web.
A seguir formándose, progresando, competindo; pero sobretodo...
¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡
¡¡¡AUPA NUMACIA¡¡¡