INFANTIS. NUMANCIA, 4 - R. DE NEDA, 0.
MAIS GOLES QUE FÚTBOL
Partido correspondente a 6ª xornada da Copa de Ferrolterra infantil, grupo 1, disputado na tarde do sábado en Prados Vellos.
Ares 12 de outubro de 2013
ALIÑACIONS
NUMANCIA: Álvaro, Jaime, Raúl Anido, Javi Lemos (Adrián), Fran Anido, Saúl, Antonio (Diego), Dani, Alex Feal (C) (Josema), Iván (Cristián) e Martín.
Adestrador: Antonio González Varela.
2º adestrador: Jorge Martínez Varela.
Delegado: Luís Feal Campos.
R. DE NEDA: David Marcos, Pablo (C), Xoel, Iago, Diego (Alejandro López), Iván, David Rodríguez, Anxo, Juan, Alejandro Díaz (Alberto) e Fernando (Bruno).
Adestrador: José L. Rodríguez López.
Delegado: Raimundo Rodríguez Casal.
ARBITRO: Brais Ferreiro Verez. Amoestou a Bruno do Neda.
GOLES:
1 - 0 (ALEX FEAL) Balón longo a espalda da defensa nedense enviado por Raúl que disputa Alex Feal, estando mais rápido que o porteiro para conseguir o primeiro do Numancia cun bo cabezazo (minuto 15).
2 - 0 (ALEX FEAL) Córner que saca Saúl e remata de cabeza Alex Feal no segundo pau libre de marca (minuto 39).
3 – 0 (MARTÍN) Alex Feal asiste a Martín por alto, para que este último anote nun un contra un diante do porteiro (minuto 50).
4 - 0 (DIEGO) Ataque do Numancia onde Martín asiste a Diego que envía o balón o fondo da rede visitante (minuto 74).
INCIDENCIAS: O Rápido de Neda vestiu coa segunda equipación do Numancia debido a coincidencia nas primeiras equipacións de ambos equipos.
Antes do partido o Numancia infantil sacou a foto oficial da temporada; cos 19 xogadores do plantel, os dous adestradores e o delegado do equipo.
CRÓNICA:
Despois da vitoria en Meirás, o equipo infantil do Numancia recibía en Prados Vellos a visita do Rápido de Neda coa intención de seguir sumando e escalando postos na clasificación. Non foi doado no comezo pero finalmente os aresán conseguiron unha cómoda e plácida vitoria.
Na primeira metade ambos equipos abusaron do fútbol directo. O balón estaba mais polo aire que polo chan. Os dous equipos levaban perigo con balóns frontais hacia os dianteiros, que coa axuda das febles defensas levaban perigo as dúas porterías.
E xusto tamén dicir que nos últimos minutos da primeira metade o Numancia baixou o balón e fixo un par de fermosas xogadas que ben poideron terminar en gol; pero que cando menos obtiveron a ovación do respetable.
Nesta loita de fútbol directo estivo mais atinado ó Numancia que grazas ós dous goles dun inspirado Alex Feal foise o descanso con vantaxe de 2 - 0.
A segunda metade foi un monólogo numantino. Posesión do balón do Numancia aínda que non sempre co ritmo e fluídez necesaria para levar perigo a portería rival. Soamente Martín e Diego foron capaces de anotar nesta segunda metade ante un rival entregado; deixando o resultado final no coñecido 4 - 0 favorable os de Ares.
En definitiva, partido onde o importante foron os tres puntos. Encontro tamén que deixou boas sensacións por momentos; e tamén detalles que correxir. Para esto están os adestramentos e os partidos de maior esixencia nunha temporada que aínda está comezando.
A vindeira fin de semana chega o partido mais esperado por todos os rapaces... e tamén polos que non son tan rapaces. Derbi infantil en A Pedreira entre dous equipos moi parellos e moi igualados na táboa. Galicia de Mugardos - Numancia. En pretemporada venceu o Numancia cómodamente en Prados Vellos pero estamos seguros que no anexo de A Pedreira todo será moito mais compricado.
¡¡¡Todos os numantinos tedes unha cita no primeiro derbi oficial da temporada para as categorías do Numancia¡¡¡ Os infantís agardan o voso apoio en A Pedreira o próximo fin de semana¡¡¡
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡