INFANTÍS: RACING DE FERROL, 4 - NUMANCIA, 0.
Ultimo encontro da liga.
Sábado, 9 de maio de 2009.
Ramón.
Xornada 34, categoría de infantís
RACING DE FERROL, 4 - NUMANCIA, 0.
Ramón
Alineacións:
RACING DE FERROL: Daniel (Jorge, 41), Miguel (Guillermo, 41), Nicolás, Raúl, David Loureiro, Carlos, Pablo, Martín (Noel, 41), Óscar, Martín San Claudio (Manuel, 41), Pedro (David Leira, 41).
NUMANCIA: Pepe, Darío, Miguel, Adrián, Miguelito, Xaime, Javier, David López, Ricardo (Alejandro, 41), Edu (Andrés, 30), Sergio (David Gil, 41).
ARBITRO: Jorge Martínez Varela.
COMENTARIO:
Os aresáns castigados polas lesións, e outras decisións ás veces incomprensibles, tiveron que recorrer unha vez máis aos alevíns para completar o equipo que se enfrontaría ao Racing no ultimo partido da tempada de liga. O encontro no que exerceron de capitáns Pablo e Adrián celebrouse en Aneiros nun terreo de xogo en moi malas condicións que nin sequera tiveron a precaución de regar. O que provocou que continuamente se levantase unha intensa polvareda nada saudable para os rapaces e que a o mesmo tempo dificultaba a visibilidade do xogo.
O encontro xa se presentaba complicado para os numantinos antes do asubío inicial, as baixas dalgúns xogadores e as molestias ao longo da semán dalgúns dos convocados, non eran un bo presaxio. Esta situación condicionaría o seu xogo en todo o encontro.
No minuto 28 chegaría o primeiro gol para os locais, contraataque de Pablo pola banda dereita, gaña a liña de fondo, centro á área na que Óscar libre de marca controla e bate a Pepe de tiro raso.
No minuto trinta Edu tería que ser substituído afectado dunhas molestias que arrastraba dende os minutos iniciais e que se foron agudizando no transcurso do encontro. No minuto 32, de novo Pablo nunha xogada similar á que deu orixe ao primeiro gol, coloca un centro raso entre o pau e o gardameta aresán, que no seu intento de bloquear o esférico remata por introducilo en propia porta, para establecer o 0 – 2 co que se chegaría ao descanso.
A segunda metade sería un monologo dos ferroláns. Os contraataques, centros á área e disparos contra a meta aresana serían a tónica. En parte, tamén favorecida pola pasividade e desgana dalgúns xogadores numantinos, que en ocasións permitiron xogar con excesiva facilidade aos locais. No minuto 46 chegaría o terceiro gol, en xogada individual de Guillermo pola banda, desborda a Darío, intérnase na área, o gardameta aresán realiza unha mala saída e báteo de tiro cruzado. No minuto 57, centro de Pablo ao punto de penalti, Miguelito non acerta a despexar o balón que cae morto nos pés de Óscar, e de tiro axustado ao pau establece o 0 – 4 definitivo. Xusta e merecida vitoria dos ferroláns.
Destacar non Numancia ás actuacións de Xaime, Adrián, Miguel (que a pesares de non estar aínda recuperado aguantou todo o partido), e os alevíns Sergio e David que sendo este o seu primeiro encontro na categoría, estiveron á altura.
Quero aproveitar esta ultima crónica da tempada para darlle os meus parabéns a os conxuntos de O Val por acadar o título de liga e ao Racing de Ferrol polo segundo posto, e desexarlles a ambolos dous o mellor na fase de ascenso á liga galega.
Vemonos na próxima tempada.
Un saudo a tod@s