INFANTIS. NUMANCIA, 1 - O VAL, 3.
CORTOUSE A BOA RACHA.
Partido correspondente á oitava xornada da copa que finalizou coa vitoria de O Val. Ao descanso ó marcador reflexaba un 0 - 2.
Prados Vellos, 1 de novembro de 2012
ALIÑACIONS:
NUMANCIA: Fernando, Dani, Raul (Javi min. 65), Marcos (Antonio min. 40), Adrian Aneiros, Gabri (Adrian Garcia min. 57), Alexis, Enol (Diego min. 50), Alex (Fran min. 40), Piñeiro e Pablo
O VAL: Sergio, Adrián Collado, Hugo, Matias, Bruno, Jaime, Adrián Fernández, Paulo, Hector, Samuel e Rubén.
COLEXIADO: Manuel Bejarano Estepa. Amoestou a os xogadores, Alex e Diego do Numancia e a Matias do Val. Expulsou ao xogador do Numancia, Piñeiro (min. 55).
GOLES:
0 – 1: Paulo (min. 20), tiro desde o borde da área que bate a Fernando.
0 – 2: Ruben (min. 30), contragolpe por banda dereita e pase ao segundo pau donde ó dianteiro libre de marca bate a Fernando.
1 – 2: Pablo (min. 58), pase en longo que recolle Pablo por banda esquerda e bate a Sergio cun disparo a media altura.
1 – 3: Rubén (min. 65), contragolpe do equipo visitante que trás o rexeite inicial de Fernando, Rubén só ten que empuxar ó balón.
COMENTARIO:
Partido que comezou co dominio do xogo por parte do equipo visitante e fruto dese dominio chegaron os dous primeiros goles de O Val. O Numancia fixo unha primeira parte gris, intentado defenderse do equipo rival e con moi poucas chegadas a área visitante.
Na segunda parte, o Numancia saiu con outra cara e o domínio do xogo foi mais alterno. De feito os de Ares conseguiron reducir a ventaxa no marcador e cun xogador menos. O Numancia presionaba moito, pero nun contragolpe dos valexos, despois dun erro no lanzamento dunha falta por parte dos de Ares, éstes pecharon o partido.
En resumo, partido perdido ante un bo equipo, O Val, que está a loitar xunto ao Portuarios e Ortigueira, polo primeiro posto do grupo.