INFANTÍS. TORNEO AFACO
NUMANCIA - MANIÑOS e G. MUGARDOS - MIÑO
Incorporación do Miño ao grupo IV formando un cuadrangular
Ares, 16 de maio de 2012
Respectando o principio que inspirou a creación deste torneo, que non é outro que o de completar este último mes con partidos que teñan unha certa motivación, a AFACO permitiu a incorporación fóra de prazo do equipo infantil do Miño. Esta modificación implica o adianto do horario do primeiro partido e tamén o formato de participación que quedou deste xeito:
10.30 h: Numancia - Maniños
11.15 h: G. Mugardos - Miño
12.00 h: os dous equipos que perdan nos anteriores partidos
12.45 h: os dous equipos gañadores.
Por precaución, e debido a que pode darse unha situación de ter que esperar unha hora e media ata o seguinte partido, aconséllase aos xogadores que leven roupa de abrigo e mesmo unha segunda indumentaria.