INFANTÍS. NUMANCIA, 20 - NARÓN, 0
COMEZA A SEGUNDA VOLTA CON VITORIA
Contundente resultado en Prados Vellos
Ares, 18 de febreiro de 2012
Partido correspondente á décimo cuarta xornada de liga, primeira da segunda volta, disputado en Prados Vellos, con estas aliñacións:
NUMANCIA: Adrián; Seijas, Óscar, Lemos, Fran Martínez; Miguel, Carlos; Alfredo, Antón, Sergio e Luís. Tamén xogaron: Fernando, Raúl, Ían, Antonio e Pablo.
Adestrador: Antonio González.
Delegado: Javier Aneiros.
NARÓN: Aarón; Adrián, José Andrés, Sergio, Diego, Joel, Roberto, Iago, Jorge, Adrián Nieto e Pablo Lozano. Na segunda parte entraron: David, Imanol e Pablo
Adestrador: Carlos Enrique Arnán.
Delegado: Juan Carlos Carballo.
ÁRBITRO: Daniel García Roibal. Antón e Sergio recibiron amoestación.
GOLES: Carlos (7), Alfredo (2), Sergio (3), Antón (2), Pablo (3) e Ïan (3).
COMENTARIO: Estes resultados deberían servir para reflexionar a todos, comezando polos organizadores da competición. Un marcador tan contundente non é positivo nin para os xogadores nin para os equipos e, por desgraza, sabemos que se van repetir en máis partidos. Só queda desexarlles aos nenos do Narón que sigan competindo con ilusión e non baixen os brazos.