INFANTÍS. NUMANCIA, 8 - FERROL VELLO, 0
Primeira vitoria dos numantinos no que vai de ano.
Sábado, 7 de febreiro de 2009.
Ramón.
CATEGORIA de INFANTÍS
NUMANCIA, 8 - FERROL VELLO, 0.
ALINEACIÓNS:
NUMANCIA: Pepe, Miguelito, Miguel Piñeiro, Adrián, Juan, Xaime, Edu, Javier (Alejandro m. 48), Ricardo (Andrés, m. 41), Quique e David (Juan Carlos, m. 41).
FERROL VELLO: Antonio, Oscar, Christián, Guillermo, Sergio, Ignacio, Jorge, Mateo, Enrique, Ismael e Daniel.
ARBITRO: David Díaz Casas.
GOLES:
1 - 0 (m. 9): Disparo fortísimo de Edu dende fóra da área que supera ao porteiro por alto.
2 - 0 (m. 11): Centro cruzado de Edu á área pequena onde Javier libre de marca só ten que empurrar o esférico ao fondo das mallas.
3 - 0 (m. 25): Roubo de balón de Xaime, en medio campo, dibla a dous defensas e encara o porteiro ao que bate por baixo.
4 - 0 (m. 38): Balón rifado na área que despois de varios rexeites é aproveitado por Ricardo que de forte disparo envíao ao fondo das mallas.
5 - 0 (m. 45): Balón colgado por detrás da defensa, Edu controla, conduce e de disparo raso bate ao porteiro.
6 - 0 (m. 47): Xogada individual de Edu ao borde da área que de forte disparo cruzado bate ao meta ferrolán.
7 - 0 (m. 61): Balón en profundidade de Edu que controla Xaime en medio campo, conduce ata o borde da área e bate ao porteiro por baixo.
8 - 0 (m. 63): Centro de Edu ao área pequena e a defensa no seu intento de despexar o esferico introduceo en propia porta.
INCIDENCIAS:
O temporal que leva azoutando a bisbarra nas ultimas semanas deunos unha tregua na tarde do sábado que mesmo permitiu gozar dos raios do sol durante unha boa parte do encontro que enfrontou ao Numancia e ao Ferrol Vello. O equipo local practicamente recuperou a todos os seus efectivos, dados de alta na enfermaría, e algúns que outros "cordeiros descarriados". Pola contra o equipo ferrolán presentouse ao choque cos efectivos xustos e nos ultimos compases do encontro acabou acusando o cansazo. Exerceron de capitáns Quique e Guillermo. O encontro estivo precedido por un minuto de silencio en recordo do ex-colexiado e delegado arbitral D. Eugenio Lorenzo Pena falecido recentemente.
COMENTARIO:
Despois de catro xornadas consecutivas encaixando derrotas ao fin o Numancia nun bonito encontro disputado fronte o Ferrol Vello suma a primeira vitoria do presente ano. Cabe destacar do encontro, a primeira parte, na que o equipo local controlou o xogo en todolos aspectos e non deixou que os visitantes creasen unha soa ocasión de gol. Isto permitiulles irse ao descanso coa ventaxa no marcador de 4 – 0, que daba moita tranquilidade de cara a segunda metade.
Na segunda metade os aresáns estiveron ben en ataque, pero perderon o control do medio campo, que sumado ao exceso de confianza da defensa, permitiu que o equipo ferrolán creara varias ocasións claras de gol que non materializaron. Aínda así, e xogando ao contraataque, os locais foron quen de endosarlle outros catro tantos ao rival.
O conxunto mellorou con respecto a os últimos encontros e fixo un bo partido que esperemos lles dea confianza e moral de cara a todo o que resta da segunda volta. Si esto no foi un espexismo, e o plantel e capaz de manter o bo xogo que desplegou neste encontro, todavía queda moito que desfrutar ata fin de tempoada. Noraboa a todos.