INFANTÍS: NUMANCIA, 1 – NARÓN, 3
18 días despois de Reis, o Numancia continúa repartindo regalos.
sábado, 24 de xaneiro de 2009.
Ramón.
ALINEACIÓNS:
NUMANCIA: Roberto; Verónica, Dani Cartelle (Adrián, m. 40), Roque (Miguelito, m. 40), Miguel Piñeiro; David, Xaime, Martín (Alejandro, m. 70), Quique, Javier (Andrés, m. 65) e Edu.
NARÓN: Mike, Sergio(Hugo, m. 75), Aitor, Gabriel, Joan, Borja, Miguel, Jorge (Noel, m. 89), Sergio, David Rey (Bruno, m. 51) e Adrián Pérez (Adrián Gonzalez, m. 65).
ÁRBITRO: Antonio Rama.
GOLES:
0 – 1 (m. 20): Tiro en parábola de Borja desde o centro do campo que sorprende por alto a Roberto.
0 – 2 (m. 32): Fortísimo disparo Bruno desde o exterior do círculo central, mal control do guardameta aresán que termina por introducir o esférico na súa propia porta.
1 – 2 (m. 60): Edu, de tiro cruzado desde fóra da área que fai inútil a estirada do porteiro.
1 – 3 (m.75): Adrián González dribla á defensa e establece o marcador definitivo.
INCIDENCIAS:
Na tarde do sábado, despois da resaca da cicloxénese explosiva que nos azoutou durante toda a noite, celebrouse o partido pertencente á 20ª xornada de liga entre o Numancia e o Narón. Exerceron de capitáns Edu e Borja. O encontro estivo precedido por un emotivo minuto de silenzo en recordo do noso estimado e querido directivo d. Pedro García Vilar, falecido recentemente.
COMENTARIO:
Os infantís do Numancia non comezaron o 2009 con bo pé e encaixaron a cuarta derrota consecutiva.
Os aresáns recuperaran algún dos seus efectivos, dados de alta na enfermería, pero aínda así tivo que botar man de xogadores do equipo alevín para completar o plantel que se enfrontaría aos naroneses.
O Numancia, que gozou de innumerables ocasións de gol, ademais dun balón ao traveseiro (David, m. 35) e un penalti fallado (Quique, m. 50), foi incapaz de derrotar a un Narón en inferioridade numérica desde o m. 30, pero mellor colocado e coas ideas bastante máis claras có equipo local.
Unha das xogadas que puideron marcar o resultado final ocorreu no m. 30, cando nun contraataque local que sorprendeu á defensa naronesa, o porteiro sae da área e toca o balón coa man nunha ocasión clarísima de gol. O árbitro amósalle o cartón vermello. Abríanse as esperanzas para o equipo local ao estar en superioridade numérica, mais o segundo gol naronés enfriou os ánimos.
O Numancia mellorou con respecto ao último partido fronte ao Eume, e habería que destacar algúns xogadores: Edu, Quique, Miguel, pero vou poñer a unha xogadora con maiúsculas: VERÓNICA, e volvo a recalcar: “algúns dos seus compañeiros deberían tomar boa nota dela”.