ALEVINS. ANIMAS, 3 – NUMANCIA, 1.
TARDÍA REACCIÓN ARESANA.
Derrota a domicilio dos alevíns por tres goles a un fronte o Ánimas en partido xogado na tarde do pasado venres en A Gándara - 3. O encontro correspondente a 17ª xornada da 2ª fase da liga alevín no grupo 2 chegou ó descanso cun marcador de dous a cero.
Ferrol, 24 de abril de 2015
FICHA TÉCNICA
ANIMAS: Jonathan, Mateo (C), Lucas, Héctor, Valeria, Christian, Alba e Dani. Tamén xogaron Hugo, Guillermo, Iago e Nathan.
Adestrador: Pedro Pazos López.
Delegado: Zulay Pouso Tojeiro.
NUMANCIA: Nacho (C), Chechu, Pablo, Martín, Migui, Jaime, Lucas e Martina .Tamén xogaron Miguel, Raul, David, Telmo, Oscar e Manu.
Adestrador: Alberto Alejandro Durán Morais.
Delegado: Juan Carlos Gómez Rivera.
ARBITRO: Telmo Pérez Vázquez. Sen incidencias.
GOLES:
Ánimas: Dani (2) e Lucas.
Numancia: Migui.
Comezaba o partido con igualdade e ocasións para os dous lados, pero a medida que avanzaban os minutos foise decantando para o lado local, transformándose o seu dominio no primeiro gol tras un disparo cruzado de Lucas. Nos últimos minutos da primeira parte subiría outro tanto dos ferrolanos materializado por Dani, co que se chegaría ao final dos primeiros 25 minutos cun marcador de 2 – 0.
A segunda parte cambiou por completo cunha boa reacción visitante e claras ocasións de gol. Aos cinco minutos Martina marcaría un golazo dende o bordo da área, anulado por un fóra de xogo moi rigoroso. O Numancia seguía envorcado sobre a meta local, marcando o 2 – 1 por medio de Migui, nun man a man co porteiro. Puido chegar o empate nos minutos finais pero foi o Ánimas que tras aproveitar un saque de esquina visitante, montaron unha contra que finalizaba Dani para saldar o partido co 3 – 1 final.
O próximo fin de semana os alevins do Numancia recibirán en Prados Vellos a visita do R. San Pedro no que será o derradeiro partido desta 2ª fase de competición
Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.