ALEVINS. NUMANCIA, 2 – CARIÑO, 2.
IGUALDADE; RESULTADO XUSTO.
Partido correspondente á terceira xornada de liga alevín na súa 1ª fase, grupo 2º, disputada na tarde do pasado venres en Prados Vellos entre Numancia e Cariño, que finalizou con empate a douses.
Ares 19 de septembro de 2014.
FICHA TECNICA
NUMANCIA: Nacho, Martin Rodríguez, Pablo, Chechu, Jaime, Migui (C), Martina e David. Tamén xogaron Lucas, Martín Miguel, Oscar, Raúl Telmo e Manu.
Adestrador: Alberto Alejandro Durán Morais.
Delegado: Francisco Manuel Iglesias Pena.
CARIÑO: Daniel (C), Adrián, Javier, Manuel, Martín, Pablo, Raúl e Sergio. Tamén xogaron Ania, Carlos, Cristián, Hugo, Jaider e Mario.
Adestrador: Fernando Tallón Pol.
Delegada: María Corral Piñón.
ARBITRO: Francisco García Rodríguez. Sen incidencias.
GOLES:
1 - 0: MARTINA (min 1), internada pola esquerda de David, centro á área e remate de Martina ao fondo da rede.
2 - 0: MIGUI (min. 10), disparo bombeado de Migui dende fóra da área que supera o porteiro por arriba.
2 - 1: MARTIN (min. 18), balón en profundidade ás costas da defensa local que recolle Martín picándoo por enriba do porteiro ante a saída deste.
2 - 2: SERGIO (min. 22), forte disparo de Sergio dende tres cuartos de campo que se lle escapa a Nacho entre a mans.
Primeira parte que comezou cos locais máis metidos no partido, quizais esporeados polo temperán gol de Martina. O dominio local traduciuse nun segundo gol de Migui aos dez minutos. O Cariño lonxe de virse abaixo, a partir de aquí, comezou a comerlle terreo os de Ares para pasar a controlar o partido no tramo final do primeiro período. Os de Ortegal obtiveron o premio ao seu xogo con dous goles, un de Martín e outro de Sergio, para irnos ao descanso con empate no marcador.
No segundo período primou a igualdade, ningún dos dous equipos foi quen de impoñer o seu xogo, ambos os dous dispuxeron de ocasións, pero algunhas boas intervencións dos porteiros desbarataron éstas. Finamente chegouse ao final do partido co resultado coñecido de empate a douses.