Alevíns: Racing 'C',1 – Numancia 9
15 de maio de 2009
Jose
A Malata Ferrol
Alineación: Kike, Verónica, Martín, Carlos, Iván, Miguel e Alberto. Tamén xogaron, Roberto, Ángel, Fran, Brais e Marcelo.
Goles:
Primeiro tempo
0-1. Minuto 1. Martín dende a esquerda fora da area .
0-2. Minuto 2. Alberto ó aproveitar un mal rexite do porteiro local.
0-3. Minuto 6. Martín de cabeza a saida dun corner botado pola esquerda por Iván.
0-4. Minuto 8. Martín novamente a saida dun corner empurra o balón có pe as redes ferroláns.
0-5. Minuto 17. Marcelo tras unha internada por la dereita dentro do area aproveitando unha moi boa asistencia de Alberto.
0-6. Minuto 23. Iván coloca o balón perto do poste esquerdo da meta racinguista lonxe do alcance do porteiro, culminando así un contrataque servido novamente por Alberto.
Con 0- 6 remataría o primeiro tempo.
Segundo tempo.
0-7 Minuto 1. Miguel envía ó fondo da rede un pase de Carlos dende a dereita.
0-8 Minuto 3. Alberto de cabeza dende o borde do area pequena culmina un centro perfecto de Iván dende a banda dereita.
1-8 Minuto 14. Acurta distancias o Racing nun gol dubidoso, posto que algún xogador visitante indicou que entrou polo lateral da rede.
1-9 Minuto 22. Martín de forte disparo dende fora da area.
Partido moi cómodo para os de Ares, que aproveitaron as ocasións e pronto puxeron o partido en ventaxa o que provocou que os xogadores locais baixaran os brazos moi pronto. Aproveitouse o marcador para dar minutos ós menos habituais e se tentou por parte dos adestradores probar algunhas cousas e correxir defectos que será fundamental non cometelos no partido de cartos de final frente o Ánimas.
En resumo, partido máis doado do esperado, agora falta xogar na casa o último encontro desta primeira fase fronte o Eume e afrontar con ánimo a seguinte fase.