ALEVÍNS: G. CARANZA, 0 – NUMANCIA, 4
1 de maio de 2009
Xoan
ALINEACIÓN: Roberto; Vero, Martín; Alberto, Miguel, Carlos; Fran. Tamén xogaron Marcelo e Brais.
GOLES: Carlos (2), Marcelo e Martín.
INCIDENCIAS: Partido xogado en Caranza.
ÁRBITRO: Correcta actuación do colexiado. A destacar a “invitación” a un xogador do Caranza para que marchase ao banquillo a tranquilizarse. No fútbol base non se pode entender a expulsión definitiva dun neno de dez anos por moi mala que sexa a súa actitude, como ocorreu noutro partido. Sempre son preferibles medidas correctoras, como neste caso.
COMENTARIO: Nada máis comezar o partido xa se adiantou o Numancia cun gol de Carlos tras triangulación de Miguel e Alberto. Esta boa xogada deu paso a uns quince minutos de control aparente do Caranza, movendo o balón desde a defensa pero con pouca profundidade e escaso perigo ante a portería de Roberto. Xa nos últimos cinco minutos desta primeira parte, chegaron os goles de Marcelo e Martín que sentenciaron o choque.
A segunda parte, coa clara ventaxa dos aresáns foi moito menos disputada, cun Caranza rendido e un Numancia relaxado que só presionou nos últimos minutos.
En resumo, un regular partido no que podemos destacar a fortaleza e seguridade de Martín na defensa e as internadas de Carlos pola banda esquerda. Asimesmo, Alberto tamén completou un bo partido.
| | |