BENXAMÍNS. TORNEO DO VAL

PRIMEIRO TORNEO DO ANO PARA OS BENXAMÍNS DO NUMANCIA

 

O pasado sábado 2 de setembro, o equipo benxamín do Numancia participou no Torneo de fútbol base da Sociedad Deportiva o Val, ...

Ares, 4 de setembro de 2017.

.... no campo de Sinde cos seguintes xogadores:

NUMANCIA: Mario, Lucas Espiñeira, Cristian, Carlos, Xavi, Lucas Varela, Alejandro, Papa Omar, Adrián e Jorge (prebenxamín)

O conxunto numantino, disputou ao largo de o día os seguintes partidos, de 20 minutos cada un na fase de grupos:

10:45 - NUMANCIA 4 - UD CEBARCA 0

Vitoria cómoda do Numancia ante o equipo de Cerdido. Os nosos dominaron o partido de principio a fin, conseguindo os tres primeiros puntos no Torneo.

13:30 - NUMANCIA 0 - NARÓN O FREIXO 1

Partido moi igualado entre dous equipos moi parellos. O resultado mais lóxico sería o empate, pero un gol nunha xogada illada dos naroneses e diferentes circunstancias incontrolables que se deron durante o partido, impediron que os numantinos sacaran algo positivo neste envite.

16:00 - NUMANCIA 1 - SPORTING BURGO 1

Necesitaba o Numancia a vitoria para acceder aos cuartos de final. Conseguían adiantarse os numantinos, pero non eran quen de sentenciar o partido. Papa Omar atopouse cunha fermosa parada do gardarredes coruñés e Alejandro enviaba alto un balón que podía significar a sentencia do encontro. No fútbol o que perdoa o acaba pagando, e os herculinos empataban o partido pouco antes do pitido final do colexiado.

ADR Numancia de Ares. Benjamines 2017-2018. Torneo de O Val. Campo de O Sinde.  ADR Numancia de Ares. Benjamines 2017-2018. Torneo de O Val. Campo de O Sinde.

En definitiva, bo traballo dos benxamíns no Val, a onde se desprazaron con algunhas baixas, incluídas as dos seus monitores. Un Torneo que chegou algo cedo para os nosos nenos, pero que da mesma maneira serviu para sacar ir aliviando ese mono de fútbol a pequenos e maiores.

Dende o Numancia de Ares, agradecemos a SD O Val pola súa invitación ao Torneo así como polo bo trato dispensado a expedición do Numancia durante todo o día en terras naronesas.

O vindeiro compromiso do equipo benxamín do Numancia, chegará o próximo fin de semana coa participación no noso Torneo, o Memorial Pedro García Vilar.


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.