BENXAMINS. PORTUARIOS, 2 – NUMANCIA, 4.
VITORIA PASADA POR AUGA
Vitoria do equipo benxamín da ADR Numancia de Ares por catro goles a dous fronte o Portuarios na súa visita no serán do venres ás instalacións de Aneiros en Serantes. O encontro correspondente a novena xornada da 2ª fase da liga benxamín no grupo 2 chegou ó descanso cun empate a dous goles.
Ferrol, 20 de febreiro de 2015.
FICHA TÉCNICA
PORTUARIOS: Niang, Manuel Chao, Antón, Rubén Breijo (C), Manuel Freire, Tomás, Iker e David. Tamén xogaron Israel, Alejandro, Mario, Alejandra e Rubén Castro.
Delegado: Alejandro Dopico Chao.
NUMANCIA: Miguel Iglesias, Brais, Aarón García, Aarón Valcarcel, Marquitos (C), Miguel Leira, Joel e Marcos Rey. Tamén xogaron Carlos, Iván, David Vilasánchez e Axel.
Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.
Delegado: Francisco Vilasánchez Bardanca.
ARBITRO: Manuel Jesús Bejarano Estepa. Sen incidencias.
GOLES:
Portuarios: Antón e Rubén Breijo.
Numancia: Aarón Valcarcel (2), Joel e Iván.
Partido disputado en Aneiros entre Portuarios e Numancia de Ares baixo unha intensa e continua chuvia.
Empezaría o partido cun gol temperán de Antón para o equipo local despois dun fallo en cadea que os de Ares non serían quen de despexar baixo a liña de gol. Poucos minutos despois Rubén Breijo poñía en vantaxe de dous goles o seu equipo. Este gol fixo espertar os de Ares que foron pouco a pouco facéndose co partido para marchar ao descanso cun empate a douses, despois dos goles de Aarón Valcarcel e Joel.
Xa na segunda parte un Numancia mellor asentado que os locais xerou claras ocasións sacando froito de dúas delas, Iván e de novo Aarón Valcarcel, acertarían entre os paus para deixar o marcador no 2 - 4 definitivo.
O próximo fin de semana o equipo benxamín do Numancia recibirá en Ares no que será a decima xornada de competición ao Perlio.
Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.