Benxamíns. FINAL DE TEMPORADA
Estes partidos disputados en Valdoviño foron a culminación da temporada 2008/09 para os nosos benxamíns. Realmente lograron finalizar unha boa campaña, na que debemos salientar, por riba dos resultados, a formación dun grupo de amigos non só entre os nenos senón tamén entre as familias. Boa proba desta excelente relación foi a churrascada celebrada este sábado en Prados Vellos.
Agradecer desde a directiva a entrega de Eloy, acudindo puntualmente ás citas dos adestramentos e partidos e poñéndose á disposición do colectivo para obter os mellores resultados. Ao seu lado, axudando cando as suas ocupacións laborais o permitían, estivo Piñeiro, e tamén a superdelegada Alicia e Esteban. Todos eles colaboraron e cumpriron sobradamente nas funcións encomendadas alá polo mes de setembro. Boas vacacións a todos e ata setembro.