BENXAMINS. O VAL "B", 1 - NUMANCIA, 1.
UN PUNTO DE CORDURA
Partido correspondente a 21ª xornada da Liga Benxamín grupo 2, disputado na tarde do luns no campo de O Sinde ante numerosos espectadores de ambos equipos.
O Val, 28 de abril de 2014.
FICHA TÉCNICA:
SD O VAL "B": Borja, Aaron, Iago, Jonathan, Dani, Yago, Bruno Méndez (C) e Noel. Tamén xogaron: Bruno Allegue, Alberto e Iago.
Adestrador: Sergio Romero Rodríguez.
Delegado: Francisco J. Ameneiros Lago.
NUMANCIA: Miguel Iglesias (C), Raúl, Marcos Rey, Chechu, Manu, Lucas, Jaime e Óscar. Tamén xogaron: Miguel Martínez, Marquitos, Iván e Zoel.
Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.
Delegado: Francisco Iglesias Pena.
COLEXIADO: D. Antonio José Jaime Tortolero. Sen incidencias.
GOLES:
0-1 (ÓSCAR) Balón ás costas da defensa valexa que recolle Óscar para marcar ante a saida do porteiro, (minuto 28).
1-1 ((NOEL) Disparo dende media distancia que Miguel Iglesias non consigue blocar. Noel moi atento recolle o rexeite e anota a porta valeira (minuto 42).
CRÓNICA:
Con motivo da visita a Abegondo o xoves o Numancia benxamín adiantou o seu partido da xornada entre semana. Este luns visitou as instalacións de O Sinde onde disputou un entretenido, emocionante e bonito partido ante a SD Val "B".
Na primeira metade os valexos levaron o timón do partido cun bonito xogo combinativo, aínda que sin excesiva profundidade. Si que levou perigo o Numancia grazas a velocidade de Óscar que non tivo a sorte de atopar o gol nos primeiros 25 minutos.
Na reanudación si que chegaba pronto o gol de Óscar, tras aproveitar un balón ás costas da defensa local. Despois do gol poideron sentenciar os numantinos pero non o fixeron. O equipo local seguiu fiel o seu xogo de toque e Noel conseguía o empate no minuto 42 aproveitando un rexeite. Non houbo tempo para mais, e aínda que ambos equipos buscaron a vitoria ata o final o partido rematou en empate.
En resumo, punto a domicilio para un Numancia que afronta unha semana con moitos compromisos. O xóves participará no Torneo do RC Deportivo de A Coruña no Mundo de Fútbol de Abegondo e na fin de semana recibirá a visita do líder, o Portuarios nunha nova xornada de Liga. Falta farán todos os efectivos do plantel.... ¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡
NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡