BENXAMÍNS. NUMANCIA, 1 - AMISTADE MEIRAS, 5.
VITORIA XUSTA PERO RESULTADO ENGAÑOSO.
A falta de contundencia e as perdidas de balón e mediocampo sentenciaron a os de Ares.
Ares, 30 de outubro do 2010.
ALINIACIONS:
Numancia: Adrián, Mario, Jaime, Víctor, Pablo García, Martín, Saúl, Diego, Pablo Vascos, Raúl, Cristian e Juan.
Amistade Meirás: Juan, Christian, Raúl, Borja, Daniel, Alejandro, Jonathan, Marcos e Natalia.
COLEXIADO: Cristián Santos González.
Partido disputado na mañá do sábado en Prados Vellos nun día de vento e frío algo desapracible para a práctica do futbol. O Numancia recibía o Amistade Meirás, un dos equipos favoritos do grupo, pero ao que os de Ares lle puxeron as cousas bastante difíciles, aínda que o resultado poida aparentar outra cousa. A diferenza estivo na falta de definición dos locais nos metros finais e dous ou tres erros puntuais que custaron regalar algún gol. Erros entendibles e propios de rapaces desta idade e que esperemos sirvan para aprender en futuros partidos.
O encontro estivo bastante igualado nos primeiros minutos, pero unha perdida de balón en mediocampo local sorprendeu á zaga aresá, que encaixo o primeiro gol nunha rápida xogada de contraataque do Amistade. Poucos minutos despois empatarían os locais nunha xogada de fortuna ao rexeitamento do balón que dá nun dianteiro e se coa na portaría visitante. A presión en mediocampo do Amistade e unha defensa férrea non permitiu aos de Ares enlazar bos pases cos seus dianteiros e cando o conseguían a falta de definición e algunha boa intervención do gardameta impediron que se materializasen en gol. Esa mesma presión tamén propiciou moitas perdas de balón que á contra, xunto con algúns despistes defensivos, fixeron moito dano ao Numancia que os poucos foron encaixando un gol tras outro.
Agora toca traballar e aprender dos erros cometidos. A próxima xornada, novo capitulo desta liga na que nos enfrontaremos aos nosos veciños, Galicia de Mugardos, encontro no que hai que gañar para non perder o ritmo dos da cabeza. Vemonso o venres 5, ás 20:00, na Malata.