Prebenxamíns. Numancia, 3 - Ánimas, 3
Ó final, un só punto.
Despois de ir cun 3-0 favorable o Numancia non puido conseguir máis que un empate a 3 fronte ó lider Ánimas.
20/02/210 Prados Vellos.
Polo Numancia xogaron: Adrián, Mario Martínez, Xan, Raúl Martínez, Mario García, Pablo García, Alberto, Migui, Pablo Cartelle, Juan e Cristian.
Goles: Mario García, Xan e Juan.
O encontro apresentábase complicado por ser o equipo do Ánimas, primeriro clasificado, o que viña a xogar a Prados Vellos. Por outra banda o conxunto local sufrira unha derrota dolorosa no seu anterior encontro. Pero o primeriro tempo facía ter as mellores esperanzas posto que os goles de Mario García e Xan permitían ir ó descanso con ventaxe de 2 a 0.
Na reanudación un novo gol, esta vez acadado por Juan, parecía encarrilar definitivamente o encontro (3-0). Pero pouco a pouco o Ánimas fou crecendo e acurtando distancias ata deixar o marcador no empate a tres final.
En resumo, un bo encontro do qu eo lider sae máis lier e os nosos deixan unha boa imaxe inda que coa amargura de non poder acadar o triunfo que tan perto se tivo.