Prebenxamíns. Numancia, 6 - Perlío, 0
Suma e segue
Nova vitoria dos prebenxamíns por 6-0 ante o Perlío, cun parcial de 5-0 no primeiro tempo.
Prados Vellos. 11/12/09
Aliñación: Adrián; Xoan; Mario Martínez, Alberto; Juan, Pablo García; Mario García. Tamén participaron: Raúl Martínez, Cristian, Samuel, Sergio e Matheew.
Goles: Pablo García (3), Juan (2), Mario Martínez.
Os aresanos confirman a súa boa marcha no campionato nun bo primeiro tempo onde anotaron cinco do seis tantos do encontro. Destaca sobre todo a solidez defensiva do equipo numantino que con 7 tantos en contra é o menos batido do seu grupo que lle serve para ir terceiro a tres puntos dos dous primeiros clasificados e cun partido menos que eles.